_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Unha exposición de rúa amosará en Vilagarcía a vida das mulleres indias a través das fotografías de Cristina G. Rodero

O Concello de Vilagarcía e a Fundación “laCaixa” volven a colaborar para traer a Vilagarcía una nova iniciativa de arte na rúa. Neste caso trátase de “Terra de Soños”, a exposición de fotos de Cristina García Rodero na que se amosa a forma de vida das mulleres da rexión india de Anantapur. Os paneis que forman esta mostra instalaranse do 10 ao 30 de xullo na Praza da II República, onde se poderá visitar libremente.
Esta exposición itinerante inclúese no programa Arte na Rúa, a través do que a Fundación ”la Caixa” quere achegar o arte ás persoas fora do marco habitual de museos e salas de exposicións. A mostra, con aspectos costumistas e de contido social, está organizada en colaboración coa Fundación Vicente Ferrer, que traballa dende hai décadas na India axudando as persoais máis desfavorecida en eidos social, da saúde ou da educación.

“Terra de Soños” amosa sen complexos a singularidade e asimetría do mundo rural da India. Un escenario onde se confunde o pasado co presente, o natural co sobrenatural e o fantástico.

A través das fotografías, a exposición quere dar voz ás mulleres das comunidades rurais de Anantapur (Andhra Pradesh) e poñer de relevo o seu poder para transformar a contorna na que viven. Obstinada e desmesurada, Cristina García Rodero soubo somerxerse nese mundo, fundirse na alegría e no sufrimento das que cobren con cores e elegancia os claroscuros da súa propia existencia.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -