_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
A praia de Compostela recupera a Bandeira Azul despois de unha década e a do O Campanario mantena un ano máis

"Agridoce" é a palabra que mellor define a sensación que deixou no goberno local de Vilagarcía a resolución da Adeac respecto as bandeiras azuis concedidas no municipio. Un sabor moi doce por manter o galardón no Campanario, e máis aínda porque, despois de case unha década e tras moitos esforzos, o máximo distintivo de calidade medioambiental volverá a ondear na praia da Compostela. Unha satisfacción que, non obstante, veuse rebaixada pola perda da bandeira do Preguntoiro. Aínda con todo, as dúas enseñas e o importante logro da Compostela permiten ao executivo socialista facer unha valoración positiva e manter o optimismo de cara ao futuro, no que xa se puxo a traballar para que, o antes posible, o pano ano azul volva izarse no areal de Vilaxoán.
09.06.2020.- De feito, este mediodía, tan pronto como se teu coñecemento da resolución da Adeac, o Concello remitiu un escrito ao organismo solicitando que se lle informe das causas concretas que motivaron a denegación da bandeira do Preguntoiro. O goberno quere dispor desta información para poder tomar as medidas que sexan necesarias para corrixir a situación.

O optimismo do goberno neste sentido non é casual. Baséase no éxito acadado na Compostela, un caso máis complicado debido á que a calidade das augas partía dunha situación precaria dende que se perdera a bandeira azul en 2011 e que, froito dos investimentos en saneamento e no esforzo levado a cabo nos últimos cinco anos, foise conseguindo mellorar a cualificación e mantela constante o tempo suficiente para acadar a ansiada bandeira azul que este ano volverá a ondear no principal areal de Vilagarcía, xunto co do Campanario (Bamio).

En conxunto, para o goberno local seguir contando con dúas praias de bandeira azul no municipio é un importante valor a ter en conta, tanto a nivel interno como externo, dado que o distintivo de calidade recoñecido a nivel mundial funciona como importante reclamo e atractivo turístico, un sector que o Concello pretende potenciar con outro tipo de iniciativas complementarias como as piscinas da Concha, o albergue de peregrinos de Carril ou a senda verde, entre outras.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -