_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
AVISOS
O Concello retrasa a apertura dos parques ata que poida cumprir cunhas normas ditadas un sábado sen previa consulta coas entidades locais

O Concello de Vilagarcía retrasará a apertura dos parques infantís do municipio –máis de 40- ata que poida garantir o cumprimento das normas ditadas pola Xunta de Galicia. Calcular o aforo de cada unha das áreas, facer e instalar carteis advertíndoo das normas, e organizar a limpeza e desinfección diaria de miles de metros cadrados de zonas de esparexemento, o que implica medios materiais e persoais, non é algo que se poida facer dun día para outro ou, como pretende a Xunta, dun sábado para un luns.
15.06.2020. De feito, Vilagarcía non é o único concello de certa poboación que adoptou esta decisión, porque cumprir esa norma é inviable non xa en tan curto período de tempo senón polas consecuencias económicas que dela se derivan: “Xa non seu momento, a Fegamp pediu participar no deseño da ‘nova normalidade’ como administracións máis pegada á realidade da poboación, pero a resposta foi cargar aos concellos con máis servizos inasumibles e, outra vez, sen financiación”, resume a portavoz do goberno vilagarcián, Tania García.

O goberno local entende, pero non comparte, “as urxencias do señor Feijóo, nas vésperas dunhas eleccións, pero para nós o importante é a saúde dos vilagarciáns, non os intereses partidistas”, subliña García Sanmartín.

Por esa mesma razón, o Concello comezará de inmediato a adaptar os máis de 40 parques
Infantís á “nova normalidade”, pero tendo en conta que, primeiro, é a saúde. Dende logo, crear a sensación de que de un sábado para un luns entramos nunha nova etapa pode ser moi popular ou populista, “pero non hai que esquecer o que acabamos de vivir. Por suposto, o goberno de Vilagarcía non o esquece. Estamos moi orgullosos do exemplo de comportamento que deron os vilagarciáns durante estes tres meses, por iso estamos seguros tamén de que saberán comprender que os parques terán que ir abrindo de forma graduada, na medida en que se poidan cumprir os requisitos aprobados pola Xunta sen ter en conta nin os medios nin as opinións dos concellos, o de Vilagarcía tampouco”.

“Coma sempre, demostraremos a nosa lealdade institucional e cumpriremos co que se nos pide, cando e ata onde material e humanamente sexa posible –desinfectar 40 parques cada día é directamente inasumible para calquera concello-, pero iso non quita que critiquemos as decisións que non apuntan tanto a preservar a saúde dos cidadáns coma a outros intereses”, conclúe o goberno municipal.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -