_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello remata as melloras no baixo da sede do servizo municipal de Emerxencias

O Concello de Vilagarcía vén de rematar as últimas actuacións levadas a cabo para continuar mellorando os equipamentos e instalacións do Servizo Municipal de Emerxencias. Hai uns días remataron os traballos de substitución da cuberta do baixo da sede situada na avenida Agustín Romero, así como a instalación dos portais de peche da zona dos garaxes. O investimento realizado polo Concello nesta obra ascendeu a 46. 258 euros que se financiaron con cargo ao Plan Concellos da Deputación.
12.06.2020.- As obras adxudicadas á empresa Sergonsa Servicios centráronse nas naves do baixo do edificio e consistiron na substitución do material de cobertura da nave e na instalación de tres portais de peche, no que antes era especia de soportal aberto. Coa primeira intervención resolvéronse os problema de filtracións e humidades que se rexistraban na nave debido ao mal estado no que se atopaba a vella cobertura de chapa. E coa instalación dos portalóns mecanizados mellórase a seguridade, o funcionamento e a operatividade do servizo. O pechamento móbil permite manter os vehículos e material debidamente protexidos coas instalacións pechadas á vez que permite unha rápida apertura para entrada e saída de camións e cando sexa preciso.

Esta non é a única actuación de mellora nos equipamentos e instalacións do Servizo de Emerxencias proxectadas polo executivo local. A primeira foi o remate das fachadas do inmoble, que levaba inacabada dende había dúas décadas co ladrillo á vista ou partes simplemente recebadas con cemento. Nesta obra investíronse 60.000 euros que permitiron instalar un illamento térmico, selar fendas e acabar cos problemas de filtracións de auga e humidades no interior do inmoble que tamén acolle a sede da Escola Obradoiro, sanear, revestir e pintar axeitadamente as paredes exteriores. Tamén se retellou o edificio e substituíron as claraboias do baixo cuberta.

Ademais, o goberno local xa ten programada unha nova actuación na sede de Emerxencias e do Obradoiro de Emprego, consistente na instalación dun ascensor, elemento do que actualmente carece o inmoble. Esta actuación enmárcase nas actuación de mellora da accesibilidade de edificios municipais.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -