_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
AVISOS
A piscina municipal reabre o luns co horario habitual e un completo protocolo hixiénico sanitario

A piscina municipal de Vilagarcía volverá a estar en funcionamento o luns co horario habitual pero seguindo o completo protocolo de seguridade fronte ao COVID deseñado por Serviocio e que deberá ser cumprido tanto pola concesionaria como polos usuarios que acudan as instalacións. A partir do 22 de xuño, os usuarios poderán utilizar tanto a piscina como a sala fitness, pero so de xeito individual, posto que, polo momento, non haberá actividades dirixidas (cursiños e clases). Cun aforo máximo do 75%, o centro adoptou unha serie de medidas hixiénico sanitarias para garantir a seguridade de usuarios e traballadores da piscina.
16.06.2020.- A piscina de Fontecarmoa volve a estar operativa a partir do luns co horario habitual: De luns a venres abrirá de 7 a 23.30 horas, os sábados de 8 a 21 horas e os domingos e festivos de 10 a 13.30 horas. Non se require cita previa nin reserva de praza.

O persoal do centro tomará a temperatura aos usuarios no momento de chegada ás instalacións. Para garantir a circulación fluída polo interior do edificio e evitar confrontación de persoas, estableceuse unha rota de entrada e saída perfectamente sinalizada con frechas no chan. En todas as dependencias disporase de dispensadores de xel hidroalcohólico para a desinfección de mans.

As distancias en vestiarios, bancos, duchas e incluso máquinas no ximnasio, respectaranse mediante a inhabilitación de determinados espazos co obxecto de garantir o metro e medio de separación interpersoal que esixe a normativa.

Os usuarios da sala fitness terán obrigatoriamente que levar dúas toallas. Unha para limparse o suor e outra para colocar nas máquinas que vaia utilizando. Ademais, cada usuario terá que encargarse de limpar o material ao rematar cada uso, para o cal o centro proporciona pulverizadores con líquido desinfectante.

O servizo de limpeza refórzase en todas as instalacións.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Agos 2020  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
           
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2020. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -