_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
ECONOMÍA
A Xunta de Goberno o aproba o luns a concesión das primeiras 42 axudas á reactivación económica

A Xunta de Goberno Local aprobará o luns o primeiro bloque das axudas á reactivación económica creadas polo Concello de Vilagarcía para tratar de axilizar a saída da crise xerada como consecuencia da pandemia do COVID 19. Corenta e dous pequenos empresarios, comerciantes, hostaleiros ou autónomos son os beneficiarios desta primeira queda das axudas, ás que nas vindeiras semanas se irán sumando progresivamente as restantes a medida que se vaian resolvendo os expedientes aos que o goberno local dou prioridade absoluta de tramitación. Máis do 90% das 42 axudas que se aproban o luns teñen un importe de 500 euros por solicitude, sendo minoritarias as de 800 e 300 euros.
20.06.20.- Conscientes da situación que atravesan moitos negocios do municipio debido ao paro da actividade durante o confinamento ou a perda de ingresos consecuencia do mesmo, o Concello axiliza ao máximo a tramitación da liña de axudas á reactivación creadas no marco da campaña "Son da Casa!". De feito, a maiores das 42 solicitudes que se someten o luns á aprobación, xa hai outros 18 expedientes resoltos para incluír na orde do día da Xunta de Goberno da seguinte semana , a do 29 de xuño, aos que se sumarán os que se vaian pechando nos vindeiros días.

Dende que se abriu o prazo de solicitude, o pasado 25 de maio, o Concello leva rexistradas medio millar de peticións de axudas á reactivación, número que aínda se elevará máis dado que o período de presentación remata o próximo venres, 0 26 de xuño.

As axudas Municipais de apoio á reactivación da actividade económica son axudas directas ás que se poden acoller PEMES, autónomos, comercio, hostalería e todo tipo de pequenos negocios do sector servizos emprazados no territorio municipal. O Concello dispón dunha partida de 400.000 euros para facer fronte a estas axudas coas que se trata de impulsar o tecido económico e produtivo local tras a crise do COVID 19.

As axudas son de dous tipos. Unhas para os que tiveron que pechar forzosamente, e para os que as contías estarán entre os 500 e os 800 euros en función de si trata dun establecemento ou se o mesmo titular ten máis de un. As outras son para os que puideron continuar coa súa actividade pero os seus ingresos se viron sensiblemente reducidos. Neste caso, as axudas van dos 300 aos 500 euros, segundo se trate, novamente, de un ou máis establecementos do mesmo titular.

As bases da convocatoria e os formularios de solicitude están dispoñibles no taboleiro de anuncios do portal do Concello http://www.vilagarcia.gal


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -