_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
BIBLIOTECAS
A Biblioteca recupera dende o martes a lectura e o estudo en sala con limitación de aforo para manter as distancias

A Biblioteca Municipal Rosalía de Castro recupera parcialmente a normalidade o mares, 23 de xuño, día a partir do cal os usuarios poderán facer uso das salas de lectura e da zona de estudo, así como dos ordenadores. Maila isto, as normas de protección contra o COVID obrigan a adoptar unha serie de medidas se seguridade, como a limitación de aforo para garantir a separación interpersoal ou a imposibilidade de que os usuarios teñan libre acceso aos volumes dos estantes,que poderán consultar previa solicitude ao persoal e tras o cal se someterán a corentena para a súa desinfección. A sala de lectura infantil manterase pechada polo momento. A Biblioteca abrirá en horario matinal, de 9 a 14 horas.
20.06.2020.- En todos os casos, os usuarios deberán respectar as medidas hixéncio-sanitarias e de seguridade no acceso á Biblioteca. Como xa se dixo, a lectura en sala permitirase garantindo a distancia interpersoal e sen libre consulta directa aos fondos por parte dos usuarios. Para o primeiro, xa se retiraron cadeiras, a efectos de garantir a separación entre prazas, o mesmo que na zona de estudo que terá un aforo limitado, igual que ordenadores e medios informáticos.

Os servizos de préstamo e devolución prestaranse sen que o usuario teña acceso directo aos fondos: as obras serán solicitadas polos interesados e proporcionadas polo persoal da Biblioteca. Unha vez devoltos, procederase á descontaminación dos materiais devoltos mediante unha corentena de 14 días.

Medidas de hixiénco-sanitarias

Segundo o protocolo elaborado pola dirección da Biblioteca, nas zonas de acceso será obrigado o uso de máscaras, conforme o disposto no art. 6 do Real Decreto-Lei 21/2020. Así mesmo, nas zonas de acceso ás dependencias e nas zonas de servizo aos usuarios/as, estarán dispoñibles dispensadores de xeles hidroalcohólicos desinfectantes.

Ademais, os lugares de atención ao público disporán de medidas de barreira entre traballadores/as e usuarios/as, tales como mamparas de protección ou marcas no chan para respectar a distancia mínima de seguridade.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -