_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EMPREGO
Elixidos os seis proxectos finalistas no Concurso de Iniciativas Emprendedoras Concello de Vilagarcía

O Concello de Vilagarcía xa conta cons seis proxectos finalistas do Concurso de Iniciativas Emprendedoras convocado pola Concellería de Promoción Económica. De entre as 14 iniciativas que se presentaron ao certame, o xurado elixiu ás mellor valoradas por cumprir os requisitos da convocatoria. Todos eles son propostas innovadoras e con moito potencial que abordan campos que van dende a saúde e io benestar, ás novas tecnoloxías aplicadas á economía circular, pasando polo balizamento ecolóxico, o turismo emocional e a comercialización internacional e local de viños e produtos gourmets.
24.06.2020.- Os finalistas foron seleccionados en base aos criterios do concurso, que incluían aspectos como o impacto na economía local do Concello de Vilagarcía de Arousa, o potencial de creación de emprego, a modernización de sectores tradicionais ou dar resposta a retos medioambientais e ao cambio climático. Os proxectos preseleccionados son

• Anónimas Wines
• Breathingalicia
• BASEMAR
• Arousa en circular
• Marketplace de viños das 5 Denominacións de Orixe de Galicia - WINES.GAL
• ORIXE – Adestramento para a vida

Os creadores destas iniciativas que pasan á seguinte fase do concurso comezan a vindeira semana a fase de academia e mentorización a través da cal recibirán 14 horas de formación variada que lles será de gran utilidade para a posta en marcha e desenvolvemento das iniciativas, ademais de para preparar a exposición pública dos proxectos. Este acto celebrarase o 17 de xullo e servirá para que o xurado elixa aos gañadores do concurso. O tribunal estará composto pola Concelleira de Promoción Económica e Emprego, un membro de FECA, outro do Igape e outro da consultora Kraftium.

A contía dos premios que se decidirán no presentación final ascende a 16.000€ a repartir entre os tres gañadores: un 1º premio de 8.000€, un 2º premio de 5.000€ e un 3º premio de 3.000€. Con esta iniciativa o Concello mostra o seu apoio ao emprendemento e a actividade económica en Vilagarcía de Arousa.

ORIXE Adestramento para a vida

A iniciativa pretende contribuír a posicionar a Vilagarcía como cidade punteira no ámbito deportivo e de saúde de Galicia. Aplica a filosofía de vida saudable a nivel físico, fisiolóxico e emocional orientada tanto á prestación de servizos para a poboación local como para os turistas, a través da colaboración cos axentes do sector.

Breathingalicia

A idea pretende poñer en valor a Ría de Arousa, co deseño de produtos turísticos vinculados a emocións e enfocados a clientes internacionais dun valor adquisitivo medio – e mediante a promoción da economía local mediante a utilización dos recursos da zona. Consiste na creación dunha plataforma para a comercialización de experiencias turísticas a través dunha carta de emocións.


BASEMAR

O proxecto consiste na fabricación e instalación de balizas para parques de cultivo de marisco, zonas de praia, parques naturais; en xeral lugares onde sexa necesario sinalizar, con pouca profundidade e onde o impacto ecolóxico, a seguridade persoal e náutica sexan cuestións a ter en conta. Inclúe a fabricación, instalación e mantemento do sistema de balizamento, así como a posibilidade de instalar outro tipo de sistemas ou sondas multiparámetro para a medición non presencial de nutrintes, da calidade da auga, salinidade, etc.

Arousa en circular

Este proxecto propón a creación dunha plataforma web P2P que permita expoñer ao mundo (globalizar) e comercializar o produto local (tanto produtos como servizos)que preservan a identidade, o autóctono e local de Arousa. Pretenden crear un sentimento de comunidade de axentes os cales tamén estarán informados periodicamente sobre a temática da economía circular.

Marketplace de viños das 5 Denominacións de orixe de Galicia -WINES.GAL

Este proxecto pretende que o sector vitivinícola galego chegue a novos mercados mediante canles dixitais, en concreto unha plataforma web WINES.GAL que xa está tecnicamente rematada. O proxecto realizará integramente desde Vilagarcía.. O efecto tractor do proxecto materializarase no incremento das ventas de viño das pequenas e medianas adegas que participen no proxecto, chegando a novos públicos obxectivo.

Anónimas Wines

É un proxecto integrado por dúas mulleres do mundo do viño no que se contemplan dúas fases: Viños elaborados e produción de conservas gourmet e Vermut. A actividade está orientada ó público distribuído a nivel local nos concellos pertencentes á comarca del Salnés con maior. Ademais, pretenden recuperar e manter viñedos antigos, para ser traballados mediante o arrendamento de estas parcelas, nas que poder establecer colaboracións con outras mulleres que desenvolvan a súa actividade profesional dentro do mundo dos viños tales como enólogas, viticultoras, bodegueiras, sumilleres.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -