_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Alexandre Bóveda manterá a dobre circulación co novo mercado, que se amplía cara Arcebispo Lago e Vista Alegre

O mercado ambulante de Vilagarcía regresa o sábado ao completo e cunha nova distribución coa que, ademais de cumprir coas normas de prevención do COVID, garante a fluidez do tráfico no centro urbano, aporta seguridade viaria, permite reordenar a actividade ambulante por sectores, protexe o casco antigo e facilita o desenvolvemento da actividade hostaleira. Os principais puntos desta nova distribución son a redución de postos ambulantes en Alexandre Bóveda, que mantén a dobre circulación de vehículos os sete días da semana; a eliminación do mercado do casco antigo, e a reubicación de postos nos primeiros tramos das rúas Arcebispo Lago e Vista Alegre.
25.06.2020.- A reestruturación que se pon en práctica este sábado, 27 de xuño, responde a un complexo estudo no que tivo que ter en conta non so a actividade da venta ambulante propiamente dita (cuxos número de licencias de mantén con respecto á situación previa á crise sanitaria), si non tamén aspectos de mobilidade, de urbanismo e de tráfico. De feito, analizáronse a organización dos postos comerciais, a circulación de vehículos, os estacionamentos, a seguridade viaria e ata a protección do patrimonio do casco antigo.

O cambio máis significativo producirase na Rúa Alexandre Bóveda onde só haberá unha liña de postos ambulantes que irá ocupando a zona de estacionamento de coches, en paralelo á fachada da Praza de Abastos e ata o cruce con Valle Inclán. Os postos mirarán cara ao edificio da Praza, onde as beirarrúas gañan amplitude para dar suficiente espazo á clientela. A eliminación dos estacionamentos do lado oposto da rúa, ademais de dar maior amplitude á beirarrúa, tamén permite manter dous carrís para vehículos, polo que a rúa manterá de forma constante e permanente os dous sentidos da circulación, independentemente de que haxa ou non mercado. Deste xeito, o autobús urbano tamén poderá ter parada na rúa para deixar aos usuarios a pé da Praza e do propio mercado. O espazo que ocuparán os postos ambulantes converteranse en prazas de estacionamento en batería invertida e de carga e descarga o resto dos días.
Polo momento, o ensanche de beirarrúas sinalizarase con pintura, mentres se completan os trámites para contratar a obra que entra nos plans de humanización que está a levar a cabo o Concello.

Maior comodidade e seguridade para condutores e peóns

Manter de forma permanente a circulación en Alexandre Bóveda e facelo en dobre sentido supón unha importante mellora respecto á situación actual, xa que non será preciso facer ningún tipo de cambio cando haxa mercado, como acontecía ata o de agora, que debido ao peche desta rúa para a celebración do mercadillo, había que cortar o carril de entrada de Alejandro Cerecedo. A partir do sábado, os vehículos poderán circular nos dous sentidos de forma permanente en ámbalas dúas calles.

Como xa se dixo, a Praza do Castro libérase de postos como medida de protección dun espazo que sufría un grave deterioro co trasego das furgonetas, que incluso teñen danado o empedrado que bordea a fonte e polo que deixou de botar auga. Tamén se elimina o mercado da Praza de Arcebispo Lago e das estreitas rúas que unen esta praza coa de Doutor Carús e que atravesan cara Arcebispo Lago e Avenida da Mariña. Nestas, a maiores da protección do casco antigo, a razón é a estreiteza, que xa antes facía case imposible transitar por elas cando había mercado, e que agora coas obrigadas medidas de separación entre persoas e postos, impide a súa utilización para este fin. Son as rúas Castro, Vergara, Rúa do Cristo e Xeneral Pardiñas. A liberación do casco antigo tamén facilitará o desenvolvemento da actividade hostaleira e a dinamización destes espazos como zonas de esparexemento.

A alimentación concentrárase na parte posterior da Praza da Verdura
Os postos que se eliminan destas zonas reemprazaranse nos novos espazos que se gañan no tramo da rúa Arcebispo Lago comprendido entre o cruce con Alexandre Bóveda e Brandariz e o de Vista Alegre, ata a entrada ao Pazo. O resto das zonas no que se desenvolvía o mercado mantéñense (Praza Doutor Carús, Avenida da Mariña e García de Caamaño) coa única novidade de que tratará de agruparse os postos de venta por sectores, para unha maior comodidade da clientela. Así os de alimentación concentraranse no último tramo de García de Caamaño, pola parte de atrás da Praza da Verdura. A continuación, e como agora, irán os postos de plantas, aos que se suman os de flores. O téxtil, calzado e bixutería distribuirase polo resto das rúas, coa excepción do aparcamento da Praza da Verdura, no que se emprazarán os postos de “outras mercancías”, como menaxe, libros e demais.

Esta reordenación deseñouse baixo dous criterios: tratando de respectar ao máximo os desexos e preferencias dos ambulantes, mantendo ligado esta actividade á Praza de Abastos e buscando a forma de aportar orden e de dinamizar o tradicional mercado dos martes e sábados.

A rúa Arcebispo Lago xa leva meses convertida en peonil como unha das medidas adoptadas durante a pandemia para gañar espazos públicos que faciliten o mantemento da distancia de protección entre os peóns, polo que non haberá cambio algún respecto ao tráfico que, como xa se dixo, poderá circular de forma permanente por Alexandre Bóveda. Para garantir o acceso de vehículos aos garaxes situados nas rúas da zona, as tarefas de carga e descarga de establecementos e mesmo para dar servizo ao hotel Castelao, cambiarase o sentido de Conde Vallellano, que pasará a ser de entrada dende a rotonda do Cavadelo.

O Concello estivo marcando estes días os cambios coa sinalización horizontal, traballos que tamén se aproveitaron para poñer en marcha o sistema de ciclocarrís que operarán nas rúas Alexandre Bóveda, Alexandre Cerecedo e Doutor Tourón.

Como xa se díxo, o sábado porase en práctica esta nova distribución do mercado. Como cómpre esperar cada vez que se fai un cambio deste calado, o lóxico e nos primeiros días, e dependendo do número de ambulantes que acudan ao mercado de Vilagarcía, poida producirse certa confusión tanto nos propios vendedores como nos clientes que, de seguro se resolverá pronto unha vez que uns e outros se afagan á unha nova situación coa que se gaña en seguridade e fluidez do tráfico.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -