_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Unha senda peonil unirá o centro cultural da Torre coa zona deportiva de Berdón

Despois de ter realizado o ensanche da curva da Golpelleira, o Concello de Vilagarcía levará a cabo unha nova medida de mellora da seguridade viaria no lugar de A Torre. Trátase da construción dunha senda peonil que discorrerá dende a contorna do centro cultural ata o campo de fútbol de Berdón. A actuación conta coa colaboración da Comunidade de Montes de Guillán que cederá os terreos para instalar a pasarela pola que transitarán os peóns debidamente protexidos dos vehículos. A obra sa se sacou a licitación por importe de 73.321 euros e cun prazo de execución de dous meses.
30.06.2020.- A necesidade de habilitar unha pasarela de uso exclusivo para os peóns ven dada pola cantidade de persoas que transitan esta zona para asistir aos adestramentos, partidos e outros eventos deportivos que acolle o campo de fútbol de Berdón. A maioría destas actividades están protagonizadas por nenos e nenas en idade escolar que, debido ao intenso tráfico rodado que se rexistra na zona neses momentos e ás características do camiño, sen beirarrúas e dun ancho limitado, vense bastante expostos e desprotexidos ante os vehículos.
Para evitar estes riscos e aportar seguridade aos peóns construirase esta senda peonil en paralelo a calzada. A pasarela instalarase na franxa de terreos cedida pola comunidade de montes, polo que o ancho actual da vía non se verá reducido.

A senda terá unha lonxitude de 350 metros e construirase con madeira tratada especialmente para resistir en ambientes exteriores, a humidade e ataques de insectos e fungos. A pasarela contará na súa parte exterior cunha varanda de madeira das mesmas características para protexer aos peóns de caídas e para separalos da zona de tráfico rodado.

Para o financiamento desta actuación contarse cunha achega dos fondos europeos LEADER correspondentes ao Plan de Desenvolvemento Rural xestionada a través do GDR.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -