_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello propón dúas alternativas aos ambulantes de Alexandre Bóveda

Goberno local e unha representación dos ambulantes da rúa Alexandre Bóveda mantiveron este mediodía unha xuntanza para tratar de buscar unha solución á nova distribución do mercado que agrade a ambas partes. O Concello propúxolle dúas alternativas diferentes, que serán estudadas máis ao detalle nos vindeiros días, para concretalas nun próximo encontro que terá lugar a finais desta semana.
30.06.2020.- Na reunión participaron por parte do Concello a tenente de alcalde, Tania García; as concelleiras de Mercados e Promoción Económica e de Mobilidade, Alba Briones e Paola María; o concelleiro de limpeza, Lino Mouriño; o cabo da Policía Local e o responsable do Mercado. Por parte do grupo de ambulantes disconformes coa reordenación acudiron cinco vendedores.

A primeira alternativa que se lles presentou, e a que respecta máis a nova distribución, é a que consiste en manter os postos previstos na única liña de Alexandre Bóveda, coa novidade de que se pecharía o carril da circulación máis próximo á mesma durante o tempo necesario para as labores montaxe e desmontaxe dos tenderetes (a primeira e a última hora da mañá). Unha vez rematadas estas tarefas, estarían operativos os dous carrís da circulación. A segunda, e a máis rupturista co novo modelo é a que conlevaría a reubicación de postos na contorna do Parque da Xunqueira.

Ámbalas dúas opción precisan de ser estudadas polo miúdo para analizar nun caso a influencia no tráfico e noutro as posibilidades das zonas a utilizar, así como os accesos de entrada e saída dos vehículos dos vendedores para a realización das labores de montaxe e desmontaxe.

Os técnicos do Concello farán estas avaliacións nos vindeiros días e volverán a reunirse cos ambulantes o xoves, co obxectivo de coñecer as preferencias dos mesmos, unha vez trasladen a proposta aos demais vendedores disconformes coa actual proposta.

En calquera caso, o executivo socialista insiste en que a solución definitivamente aprobada deberá garantir igualmente a mobilidade de persoas e vehículos, tendo en conta ás últimas peonalizacións levadas a cabo para gañar espazos onde as persoas poidan manter as distancias de seguridade polo COVID (como foron as de Arcebispo lago e Conde Vallellano) , e as proxectadas no futuro.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -