_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello inicia os trámites para habilitar novos parques caninos do municipio

Vilagarcía verá ampliado nos vindeiros meses as infraestruturas dedicadas en exclusiva ao ocio e esparexemento de cans. O Concello xa puxo en marcha os trámites para continuar incrementando os parques caninos no municipio, sacando a licitación a adquisición dos materiais e mobiliario urbano necesario para crer dúas novas instalacións no Piñeiriño e na Tomada (Carril) e para ampliar a xa existente en Fexdega. O investimento a realizar ascende a 47.797 euros
01.07.2020.- O goberno socialista creou no anterior mandado o primeiro parque canino dio Concello, unha infraestrutura demandada tanto polos donos de mascotas como polo resto da cidadanía, xa que a dispoñibilidade de recintos exclusivos para cans garantiría o benestar dos propios animais que disporían do seu espazo para exercitarse e xogar con outros animais sen necesidade de usar parques, zonas verdes ou outros espazos públicos pensados para o goce e esparexemento de persoas. Ademais, esta separación e evita os típicos problemas de hixiene e limpeza e facilita a convivencia entre cans e persoas.

O material a adquirir é o que permitirá delimitar os parques e dotalos do mobiliario urbano necesario. Así, comprarase a madeira para construír os valados perimetrais que terán 1,2 metros de alto e unha separación entre barrotes non superior aos 5 centímetros, a efectos de evitar que se poidan escapar os cans de menos tamaño. Os recintos contarás con acceso de dobre porta e zona intermedia onde os donos poden quitar e colocar comodamente a correa aos cans á entrada e saída do recinto. Tamén se dotará a cada espazo de papeleira con dispensador de bolsas para a recollida de excrementos, papeleiras para refugallos xenérico, bancos para as persoas e fonte con dúas billas, unha delas dotada de pileta onde poidan beber os cans, e panel informativo.

O novo espazo a crear en Fexdega terá unha superficie total de 1.192 metros cardados e emprazarase na parcela situada a continuación do actual parque de xogos caninos. Na urbanización do Piñeiriño, xunto ao parque público, crearase a nova zona e uso exclusivo para cans cunha superficie de 816 metros cadrados e a da Tomada disporá de 1.563 metros de superficie.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -