_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A praia da Compostela contará este verán cun parque flotante, rocodrómodo e deportes náuticos

Ademais de lucir Bandeira Azul, a Praia da Compostela contará este verán varias propostas lúdicas e deportivas coas que se poderán divertir os usuarios e que servirán de reclamo para atraer máis xente a Vilagarcía. As xestións realizadas nos últimos meses polo concelleiro de Turismo para dinamizar a praia da Concha-Compostela darán os seus primeiros froitos este verán coa implantación de dúas empresas que ofertarán un parque flotante multiaventura, un rocódromo e actividades náuticas como padelsurf, kayak e pedaletas. Tamén abrirá as súas portas nos vindeiros días o quiosco-bar do parque da Compostela. A oferta privada complementarase coas piscinas públicas ao aire libre que o Concello ten previsto que estean operativas o ano que ven na zona da Concha e que tamén se integran neste plan de dinamización do areal urbano.
02.07.2020.- Unha empresa local e outra da provincia son as primeiras que se implantarán este verán na praia da Compostela tras percatarse do gran potencial co que conta o areal urbano, aínda por explotar, e que se veu incrementado pola concesión da Bandeira Azul. As dúas firmas teñen xa xestionados ante Costas os permisos pertinentes para prestar as actividades de temporada. A instalación das casetas e outros equipamentos é inminente, estando previsto que os serviozos estean en funcionamento na primeira quincena de xullo e ata finais de setembro.

A empresa vilagarciá “Náutica Medusa” xestionará o servizo de aluguer de pedaletas, kayaks e táboas para a práctica de padelsurf. Pola súa banda, Aventura Noroeste S.L. será a que ofrecerá as atraccións do parque flotante multiaventura e do rocódromo. O parque multiaventura é unha plataforma flotante de 29,5x28 metros de planta, que se fondeará no mar, a uns metros da beira. Disporá de trampolíns, tobogáns, zona de escalada, pasos con obstáculos e unha zona de salto de 4,5 metros de altura. Ademais, contará con monitores-socorristas propios. Este tipo de parque acuático é moi novidosa nas praias de Galicia, sendo o de Vilagarcía un dos poucos areais da comunidade nos que se poderá gozar desta atracción.

O rocódromo irá na zona do areal situado entre a praia e o paseo marítimo. Trátase dunha parede de escalada feita con roca natural, cunha base de 2x2 metros e unha altura de 4,5 metros. É apta para a escalada tanto de nenos como de adultos posto que conta con todos os equipos de aseguramento e protección, ademais de con monitores que ofrecen unha breve instrución previa.

No caso do quiosco-bar, o servizos funcionará dende primeiros de xullo a finais de agosto e cumprindo o correspondente protocolo de protección fronte ao coronavirus.

O concelleiro de Turismo, Álvaro Carou, informou ademais de que, no marco da mellora da dotación e servizos das praia de Bandeira Azul, a través da concellería de Medio Ambiente e Praias que dirixe Diego García, este ano procederase á renovación das casetas destinadas ao puntos de socorro tanto da Compostela como do Campanario. O equipamento xa foi adquirido e a súa instalación realizarase tan pronto sexa servizo o material, previsiblemente a finais de xullo.

Ademais, poranse a punto as torretas de vixilancia para a súa utilización ata o momento en que sexan substituídas, para o cal xa se está á espera da resolución da subvención solicitada para este fin.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -