_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O xardín de Ravella acollerá dúas exhibicións de spinning a ritmo de música clásica

Un dos obxectivos desta edición especial do Clasclás é demostrar que a música clásica pode ser utilizada en actividades e espazos moi distintos a aqueles cos que habitualmente se asocia. Un bo exemplo foi o concerto que o venres tivo lugar no Castro Alobre. Nese sentido, e incidindo na idea de achegar a música clásica a públicos aos que habitualmente non chega, mañá, martes 7 de xullo, terá lugar a primeira das actividades previstas no programa «Clasclás Sport», que busca posibilitar o encontro entre dous ámbitos que a priori parecerían distantes como son o deporte e a música culta.
06.07.2020.- Estamos acostumados a que nos ximnasios as clases de spinning se impartan a ritmo de música pop, electrónica, latina ou de baile. E porque non a ritmo de música clásica?, pensaron os organizadores do Clasclás. Dito e feito. En colaboración coa Fundación de Deportes de Vilagarcía programáronse dúas clases-exhibición que terán por banda sonora grandes composicións da música culta interpretadas por nomeadas orquestras. «A verdade é que incluso para nós foi unha sorpresa comprobar o ben que encaixa esta música cunha clase de spinning. Ten todo o que precisamos: momentos de intensidade, outros máis tranquilos, subidas e baixadas, partes moi rítmicas… É perfecta», sinalan os responsables de impartir esta actividade.

As exhibicións terán lugar no xardín de Ravella ás 10.30 e ás 11.15 horas. Na programación inicial estaba previsto que se celebrasen na praza de Galicia pero a previsión de altas temperaturas para mañá aconsellou buscar un espazo ao aire libre pero máis protexido do sol.

As participación nestas exhibicións están abertas a calquera que queira participar. Para elo deberá inscribirse previamente no formulario que hai na web do festival: http://www.clasclas.com

As bicicletas de spinning estarán colocadas respectando a distancia de seguridade. Tanto ao comezo de cada sesión coma ao remate das mesmas, procederase a desinfección das bicis e de todo o material utilizado. Os participantes deberán en todo momento seguir as indicacións do persoal da organización ao respecto dás normas de seguridade e hixiene estipuladas na actual lexislación vixente.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -