EDUCACIÓN
As ANPAS xa poden solicitar as subvencións municipais para o Plan Madruga Vilagarcía de Arousa, 6 de xullo de 2020.- A Xunta Local de Goberno aprobou as bases que rexerán a convocatoria das axudas ao Plan Madruga correspondentes ao ano 2020. A Concellería de Educación subvenciona os programas organizados polas ANPAS dos centros educativos coa finalidade de favorecer a conciliación das familias. As axudas ascenden a un máximo de 100 euros por mes completo de actividade e non se esixe un número mínimo de participantes no servizo. O prazo para solicitar as subvencións para o período comprendido entre xaneiro e o 15 de marzo (momento no que se decretou io Estado de Alarma e parou toda actividade escola) está aberto ata o 16 de xullo. Posteriormente abrirase un novo prazo para realizar o trámite correspondente as Plans Madruga de setembro a novembro.
06. 07.2020.- A Concellería de Educación xa remitiu a todas as ANPAS do municipio a información e os formularios para tramitar as solicitudes. As especiais circunstancias deste ano, ao ter rematado a actividade a mediados de marzo, permite que as ANPAS poidan facer no mesmo trámite de solicitude a xustificación das actividades realizadas, co que se axilizará a aprobación e cobro das axudas. Dado que a convocatoria destas axudas ten carácter anual como os orzamentos municipais – e polo tanto non coincide co curso lectivo-, abrirase un segundo prazo de solicitude, do 15 de setembro ao 30 de decembro, coa novidade de este ano so se incluirán neste período os plans realizados de setembro a novembro para que se poidan xustificar antes de que remate o ano contable. O prazo de solicitude será do 15 de setembro ao 15 de decembro. O mes de decembro incluirase na convocatoria do ano 2021.
As axudas están dirixidas aos centros do municipio de Educación Infantil e Primaria sostidos con fondos públicos e para os obradoiros de mañá que estean atendidos por persoal especializado nos que os nenos realicen actividades lúdico educativas como pintura, lectura, xogos tradicional ou reciclaxe entre outras.
O Plan Madruga é unha medida de conciliación da vida familiar e laboral que normalmente prestan as ANPAS dos centros educativos. O goberno socialista recuperou hai tres anos as axudas para financiar estes plans por considerar que se trata dunha medida de apoio vital para a prestación dun servizo necesario. Grazas e esta iniciativa, as familias cuxos proxenitores entran a traballar antes do inicio da xornada escolar, poden deixar aos seus fillos nos centros educativos ás oito da mañá, atendidos por monitores ata a hora de entrada ás aulas. A convocatoria enmárcase nas políticas sociais que están a marcar a acción do goberno de Varela Paz.