_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Malestar do goberno municipal polo cambio a última hora do colexio electoral de San Roque

O traslado de última hora do colexio electoral de San Roque ás instalacións de Fexdega tras a visita realizada polos inspectores sanitarios da Xunta de Galicia, xerou un fondo malestar no Concello de Vilagarcía, non polos motivos esgrimidos, que responden ao cumprimento da normativa COVID, senón pola absoluta improvisación demostrada polo goberno autonómico. O executivo socialista critica que o goberno de Feijoo veña presumindo dende hai máis dun mes de que ten todo controlado para celebrar con absoluta seguridade os comicios electorais, cando se ve que era mentira, como o demostra que a seis días da cita coas urnas se produza este cambio.
06.07.2020.- O goberno que preside Alberto Varela lembra que os electores das tres mesas que tradicionalmente acolle o colexio electoral do grupo San Roque foron citadas a votar nese centro a través da tarxeta do censo electoral que chegas ás casas, polo que se comproba que a Xunta non comunicou coa antelación suficiente o cambio nin á oficina do censo Electoral nin á Xunta Electoral, posto que no listado de mesas e colexios remitido ao Concello tamén figuran as de San Roque.

En total son 1.768 electores os afectados polo traslado, electores que, a día de hoxe, cando so faltan 6 días para as eleccións autonómicas aínda non foron advertidas oficialmente nin de ningún outro xeito do cambio. Para evitar que o descontrol e a improvisación demostrada pola Xunta xere confusión nos veciños durante a xornada electoral, o Concello quen alertará convenientemente do traslado do colexio electoral para garantir o dereito constitucional que é o exercicio do voto de todas as persoas afectadas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -