_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Rematada a obra de renovación da cuberta do pavillón deportivo de Faxilde

O Concello de Vilagarcía vén de dar por rematada a renovación da cuberta do pavillón deportivo de Faxilde, infraestrutura municipal da que fai uso tanto a Fundación municipal de Deportes como o centro escolar de Vilaxoán. A actuación na que a administración local investiu 55.439 euros permitiu acabar coas goteiras e problemas de filtración de augas e humidades, polo que escolares, usuarios da Fundación e os clubs deportivos poderán facer uso do pavillón nas condicións idóneas para a práctica deportiva, dado que as humidades que se rexistraban antes non so deterioraban o edificio, senón que supoñían un perigo para os deportistas polo risco de caídas por escorregamentos. A obra foi executada pola empresa Degalle Construcciones S.A.
07.07.2020.- A renovación da cuberta do pavillón de Faxilde foi unha das obras priorizadas polo goberno local no marco do Plan de Mellora das Infraestruturas deportivas que se está a levar a cabo, debido ao uso intensivo que se lle da á esta instalación tanto por parte da comunidade escolar, como a través das actividades da propia Fundación municipal de Deportes, como das dos clubs autorizados, que adestran e compiten nestas instalacións municipais.

A obra executada acabou cos problemas de filtracións de humidade e auga que sufría o pavillón debido ao mal estado no que se atopaba a antiga cuberta, moi deteriorada polo paso do tempo. De feito, aínda que o edificio si que foi obxecto de diversas melloras interiores dende a súa construción en 1989, nunca antes se procedera á substitución total da cuberta.

Os traballos realizados eliminaron por completo as filtracións de auga e humidade que padecía a instalación e tamén permitiron mellorar o illamento acústico e térmico das mesmas. A vella cuberta de chapa metálica substituíuse por outra de dobre panel sándwich, con recheo intermedio de escuma de polieuretano, e cun sistema de ancoraxe máis seguro e que evita filtracións.

Tamén se substituíron as láminas de policarbonato que permiten o acceso da luz natural ao interior, e se repararon e incluso renovaron algunhas das baixantes que estaban deterioradas e que provocaban filtracións cara o interior do pavillón.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -