_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
O Clasclás e o chill out de Ás 9 na Praia danse a man na Concha cun concerto en directo e outra ‘pinchada’ clásica

A confluencia entre a clausura do Clasclás e a inauguración de Ás 9 na Praia leva ao chill out da Concha o segundo concerto de Cristian Silva e Xosé Piñeiro e outra ‘pinchada’ de música clásica. Da conxunción destas dúas propostas organizadas polo Concello de Vilagarcía de Arousa xurdirá unha noite moi especial na que ao espectáculo natural do solpor, combinado coa coctelería que propón Ás 9 na Praia sumarase un concerto e unha sesión de música clásica.
O concerto correrá de novo por conta do Cristian Silva (frautas e gaita) e o Xosé Piñeiro (guitarra), que xa actuaron o pasado venres no Castro Alobre. Nesta ocasión interpretarán un programa completamente diferente, centrado en pezas máis contemporáneas e algunha composición propia. Tamén será distinto o modo de interpretalas xa que nesta ocasión recorrerán a un formato máis eléctrico. «A selección é unha mostra de música clásica contemporánea para gaita, con exemplos de minimalismo, novas técnicas ou técnicas estendida), así como o emprego da música electrónica e loops. Ao final do concerto interpretarei dous temas do meu disco Ego e o sinxelo Estado de Fuga en formato acústico», explica Cristian Silva.

PROGRAMA:

- Canto de pena - Milo Romero
- Spiegel im spiegel - Arvo Pärt (minimalismo)
- Fairy dance - Sveinn Eythorsson
- Retourn des Hirondelles - R.Trognee / B.Pagano (La Belle Époque)
- Gymnopèdie 1 - Erick Satie - 1888
- Nivoso (de Calendario de estudos) - Cristian Silva
- Encélado de sal - Cristian Silva
- Durum Can (estrea) - Cristian Silva
- O conto do pequeno batedor - Cristian Silva
- Estado de fuga - Cristian Silva
- A insignificante historia do home astronómico - Cristian Silva

Da ‘pinchada’ clásica (antes e deSpois do concerto) volverá a facerse cargo o Dj e xornalista musical Carlos Crespo, pero tamén terá un matiz diferente, con achegamentos a compositores e intérpretes máis recentes e sorprendentes propostas de revisións dalgunhas das grandes pezas da música clásica.

HORARIO R NORMAS COVID

Como o seu propio nome indica o chill out Ás 9 na Praia abrirá o seu recinto ás 21 horas. Nas edicións anteriores o espazo estaba aberto e cada quen podía acomodarse no espazo que quixera. Este ano, debido ás normas de seguridade impostas ante a crise do COVID-19, o recinto estará perimetrado e, aínda que a entrada é de balde, haberá control de acceso ata completar o aforo. O público deberá ademais respectar as normas de hixiene e seguridade, e levar a máscara posta ata que estean sentados onde se lles indique.

A oferta de bebidas inclúe mojitos, daikiris de fresa e caipiriñas (5€), estes mesmos cócteles sen alcohol (4€), batidos naturais de xeado de vainilla, de xeado de vainilla e plátano e de fresa e plátano (5€), cervexa (2€), sangría (2€) e auga (1€).

O chill out Ás 9 na Praia, organizado pola Asociación de Hostaleiros e Iniciativas Turísticas de Vilagarcía (Ahituvi) e o Concello, terá este ano continuidade ata o sábado 24 de xullo, cunha programación que combina oito concertos e oito sesións de
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -