_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
SERVIZOS SOCIAIS
Os servizos municipais implicados no dispositivo de emerxencia social polo COVID avalúan e melloran o protocolo

Restablecida a "nova normalidade" e despois dun tempo prudente para coller perspectiva, as responsables dos servizos e departamentos municipais que interviron no protocolo social de emerxencia polo COVID19 mantiveron unha reunión para avaliar o funcionamento dos protocolos desenvolvidos polo Concello de Vilagarcía para dar cobertura ás persoas e colectivos máis vulnerables durante a crise sanitaria. Mailos resultados altamente satisfactorios pola ampla cobertura de servizos prestada, a eficacia dos mesmos e a axilidade nas atencións realizadas, a reunión serviu para detectar os puntos máis febles ou que poderían mellorarse, de cara a actualizar o protocolo por si fora preciso volver a activalo en caso de producirse unha segunda oleada de coronavirus.
11.07.2020.- Na xuntanza de traballo celebrada no salón nobre do Concello participaron a concelleira da Área de Benestar Social, Tania García e as coordinadoras dos Servizos Sociais, do SPAD e do CIM xunto co seu persoal técnico, así como responsable do departamento de Persoas Maiores.

O alcalde, Alberto Varela, tamén se sumou ao encontro para trasladar a todo o equipo o agradecemento de todos os vilagarciáns polo traballo realizado. Varela destacou a implicación e entrega de todo o persoal que participou neste programa, con dispoñibilidade as 24 horas do día para poder dar atención inmediata aos casos máis urxentes de axuda que ían xurdindo como consecuencia do confinamento e do Estado de Alarma, conseguindo cumprir a máxima que perseguía o goberno local de "non deixar a ninguén atrás nesta crise e de prestar especial atención aos colectivos máis vulnerables".

Cómpre lembrar que o dispositivo especial de emerxencia social durante o COVID posto en marcha polo Concello de Vilagarcía puxo en marcha dende o principio da crise varios servizos, como Atención Psicosocial de Urxencia posto en marcha o 16 de marzo (ao día seguinte do inicio do Estado de Alarma) e que funcionou a través dun teléfono de atención continuada as 24 horas do día, que se foron ampliando nos seguintes días cos programas de atención á dependencia, axuda de proximidade a través do voluntariado, o albergue para persoas sen fogar, o servizo de acompañamento e seguimento, o de vítimas de violencia de xénero ou a habilitación da residencia para acollementos especiais de corentenas no convento dos Padres.

De feito, a través do servizo de Atención Psicosocial de Urxencia cubríronse nos dous meses do Estado de Alarma as necesidades urxentes de 1.198 persoas/familias. Neste mesmo período, a atención á dependencia saldouse con 33 altas no Servizo de Axuda no Fogar. Delas, 7 foron altas ordinarias e 26 altas de urxencia social debido á falta de apoios familiares no coidado de persoas maiores e dependentes e polo peche dos centros de día como consecuencia do confinamento.

No albergue provisional en Fexdega douse acollida a 26 transeúntes. A atención prestada a este colectivo non se limitou a darlles aloxamento e alimento durante a súa estancia, senón que dende os servizos Sociais do Concello tamén se realizaron os trámites necesarios para a obtención dunha Renda de Integración Social.

A través da rede de voluntariado creada durante a crise sanitaria e coa colaboración dos colectivos Arousa Moza e O Soño de Lilith, tamén se levaron a cabo un total de 539 accións de proximidade relativas á entrega domiciliaria da compra de alimentos (125) e de farmacia (319), así como a colaboración con persoas dependentes ou de especial risco na retirada do lixo (57) e outras labores (12). Tamén a través do voluntariado de realizaron 319 entregas de materiais educativos e deberes para o alumnado.

E a través da unidade de acompañamento, convivencia e violencia de xénero atendeuse a 246 persoas. O acompañamento telefónico diario prestouse a través de 13 voluntarias que realizaron 1.363 atencións. Prestouse este servizo a 37 persoas maiores e deuse atención psicolóxica a 10 mulleres e asesoramento xurídico a outras 4. Tamén se atendeu a 5 mulleres en situación de violencia de xénero que carecían de historia previa neste departamento, e se asistiu a unha muller para mellorar a dinámica relacional cos fillos/as durante o confinamento.
A maiores, fíxose seguimento de oficio a 189 mulleres usuarias do CIM e realizáronse 320 atencións.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Agos 2020  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
           
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2020. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -