_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
SERVIZOS SOCIAIS
O Concello prestou axuda a domicilio a 169 persoas con dependencia ou déficit de autonomía durante 2019

O Concello de Vilagarcía prestou en 2019 axuda domiciliaria a un total de 169 persoas dependentes ou con déficit de autonomía. A través do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), os Servizos Sociais municipais ofrecen aos beneficiarios deste programa un conxunto de atencións e apoio que lles facilitan o desenvolvemento e a permanencia no seu fogar e na súa contorna o maior tempo posible. A atención a estas 169 persoas traduciuse na prestación de 57.494 horas de traballo directas cos usuarios a cargo do persoal do SAF. O servizo tivo un custe total de 843.641 euros que o Concello financia con fondos propios, unha achega autonómica e, en menor porcentaxe, a través dos ingresos por copago dos usuarios, o que se fai en función do seu nivel de renda.
15.07.2020.- O Servizo de Axuda no Fogar é un dos programas máis importantes dos Servizos Sociais. A través del, persoal cualificado acude ao domicilio dos usuarios a asistilos nas tarefas que estean indicadas e durante as horas semanais tamén asignadas en función das necesidades de cada caso. Así, realízanse atencións de carácter persoal na realización de actividades básicas, como asistencia para levantarse e deitarse, apoio a hixiene persoal, control do réxime alimentario e, se é preciso, axuda para alimentarse, supervisión das rutinas de administración de medicamentos ou apoio para cambios posturais e mobilizacións a persoas encamadas. Ademais, asístese aos usuarios na realización de actividades da vida cotiá como acompañamento fóra do fogar para acudir ao médico e apoio na realización de xestións necesarias e urxentes.

DEPENDENCIA VALORADA E POR LIBRE CONCORRENCIA

O Concello de Vilagarcía presta o SAF en dúas modalidades. A primeira para persoas en situación de dependencia valorada segundo a Lei de Dependencia, e a segunda a de acceso por libre concorrencia, que presta o Concello directamente para aqueles casos que non entren no primeiro apartado pero que, segundo os informes dos Servizos Sociais Municipais, requiran desta prestación.

O número de usuarios do SAF por dependencia o ano pasado foi de 139 persoas, mentres que por libre concorrencia o Concello prestou o servizo a 30 persoas.

HORAS DE ATENCIÓN


En total, o ano pasado prestáronse 57.494 horas se Axuda no Fogar aos 169 usuarios. Delas, 6.759 foron en horario extraordinario, é dicir, a atencións realizadas en días festivos.
O servizo tivo un custe anual de 843.641 euros, dos cales a Xunta aporta 509.616 euros, o Concello 226.268 e os usuarios os 107.757 restantes a través do sistema de copago que varía en función do nivel de ingresos do beneficiario.


MEDIOS PERSOAIS E TÉCNICOS

O SAF préstase mediante xestión indirecta que o Concello contrata cunha empresa especializada. Dende o 1 de xaneiro ao 30 de novembro de 2019, o servizo correu da man de Ferrovial Servizos, á que a partir do 1 de decembro colleu o relevo a actual concesionaria, Aralia Servicios Sanitarios coa firma do novo contrato.
Durante o ano pasado o SAF prestouse cun equipo de intervención composto por unhas 70 persoas, das cales 57 son auxiliares de axuda no fogar, é dicir, os profesionais cualificados que fan apoio domiciliario aos usuarios. Ademais, contouse con 2 coordinadoras do servizo, 1 fisioterapeuta e demais persoal de apoio en temas laborais e xurídicos (prevención de riscos laborais, persoal administrativo, asesor xurídico, responsable de calidade…). Os medios tamén se viron reforzados neste período cos equipamentos que facilitan o traballo do persoal e que melloran a calidade da atención recibida polos usuarios, como por exemplo a incorporación dun guindastre de mobilización, unha cadeira de rodas e 1 arnés.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -