_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CONCELLO
O Concello convocará aos representantes das comunidades de veciños do Piñeiriño para explicarlles o plan de humanización

O goberno local de Vilagarcía reunirase cos veciños do Piñeiriño a semana do 27 de xullo para explicarlles o proxecto de humanización que manexa o Concello para o tramo central da Rúa Camilo José Cela e escoitar as súas opinións e suxestións. Dada a pandemia que estamos a vivir, o Concello está concretando o sistema baixo o que se celebrará este encontro, previsiblemente por grupos reducidos que permitan garantir os aforos e as normas de distanciamento para a prevención do COVID. Co obxectivo de cumprir estas normas e tamén de que sexan realmente os propios afectados os que opinen sobre este proxecto, o Concello convocará á reunión a un representante de cada comunidade de propietarios das vivendas do barrio.
17.07.2020.- Os plan de humanización do Piñeiriño non é unha novidade. De feito, o equipo de Alberto Varela xa presentara no mesmo barrio as liñas xerais da proposta durante a campaña das pasadas eleccións municipais como unha das actuacións do programa socialista a executar no presente mandato. Agora que xa está en proceso de contratación a primeira fase do plan (con ensanche de beirarrúas, mellora de accesibilidade e ornamentación vexetal) nas rúas Fontecarmoa, Francisco Porto e Álvaro Cunqueiro, e cando xa se ten máis perfilada a actuación que se pretende executar no tramo central de Camilo José Cela, o goberno explicará a proposta aos veciños da zona, así como as solucións ao tráfico rodado. Con este mesmo fin, xa en semanas anteriores mantivéronse reunións cos representantes da asociación de veciños e dos locais hostaleiros da zona.

Independentemente de que calquera persoa está no seu dereito de manifestar a súa opinión, o executivo entende que deben ser as persoas residentes nas Pistas, as realmente afectadas pola actuación que se está a propoñer, as que deben acudir a estas reunións. Esta aclaración faise precisa despois de ter contrastado as identidades que aparecen no listado de firmas presentadas ante o Concello manifestado a súa oposición ao proxecto, e de comprobar que das 671 sinaturas, tan só 239 pertencen a veciños do Piñeiriño (só un terzo do total). É dicir que as 432 restantes son de persoas que residen noutros puntos do municipio (233), de persoas que non están censadas en Vilagarcía (183), e ata hai 14 firmas repetidas.

En todo caso, o goberno local mantén firme o compromiso adquirido xa no anterior mandato coa veciñanza do Piñeiriño, un barrio esquecido durante anos, que esixe unha fonda remodelación e modernización para adaptalo aos criterios de accesibilidade, humanización e benestar que os seus residentes se merecen. Así o manifestaron en numerosas ocasións os veciños das Pistas polo que, co obxectivo de atender as súas demandas, o goberno presenta a proposta que permitirá que crear un gran espazo de esparexemento, lugar de encontro em convivenza que, “estamos convencidos, incidirá de xeito moi positivo na calidade de vida de toda a veciñanza do Piñeiriño”. Dende o Concello lémbranse actuacións recentes de humanización que, a priori, contaron con certa oposición e que, unha vez executadas, foron aceptadas e moi valoradas polo conxunto da cidadanía, como a da Praza de Galicia, Independencia, Rey Daviña ou Castelao.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Agos 2020  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
           
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2020. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -