_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
AVISOS
O Concello demanda á conta en Instagram “vilagarciadearousa” por suplantación de identidade

O Concello de Vilagarcía de Arousa vai a presentar unha demanda por suplantación de identidade á conta de Instagram “vilagarciadearousa” dende a que se están a recoller as informacións publicadas polo Concello nas súas contas oficiais creando a confusión entre o público que pensa que os comentarios engadidos e as respostas que se dan son realmente realizados pola administración local. A decisión de demandar xudicialmente a esta conta adóptase despois da negativa do usuario a atender a petición realizada en varias ocasións dende Ravella para que modificase o nome da conta ou lle engadise un apóstrofe para que non inducise a posible confusión.
22.07.2020.- Ademais da propia denominación desa conta, outro dos aspectos que fai á xente pensar erroneamente que se trata dun medio oficial do Concello é o nome do usuario, que figura como “Vilagarcía de Arousa”. A maiores, tense utilizado o logotipo oficial do Concello, o escudo oficial e, agora, o logo moi similar ao da campaña municipal “Son da Casa!”. Todas estas coincidencias, xunto coa recollida de contidos das contas oficiais do Concello, fan crer a moitos seguidores desa conta que se trata dun medio oficial e que os comentarios que se realizan nel tamén o son o que incide negativamente na imaxe da administración local en canto a posibles comentarios errados, sesgados ou que se fan nun ton que non se corresponde co dun organismo oficial. Ademais, moitos usuarios poden verse inducidos a trasladar preguntas, mandar fotos o facer comentarios a esa conta pensando que chegan ao Concello, cando realmente non é así, crendo un grave prexuízo tanto para o Concello como para os usuarios.

A maiores das accións que se poidan realizar directamente ante a plataforma Instagram, o goberno xa dou orde aos servizos xurídicos do Concello de redactar a demanda.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -