XUVENTUDE
Xuventude modifica as normas e horarios de uso para a reapertura dos locais de ensaio A Concellería de Xuventude xa elaborou o protocolo de seguridade fronte ao Covid que se deberá seguir para utilizar os locais de ensaio situados nos baixos do Auditorio. Para garantir a seguridade, controlar os aforos e reducir riscos de contaxios, so sé poderá utilizar un local por día e por parte dun único usuario, ben sexa individual ou colectivo (díos, grupos…). No caso de grupos, o aforo máximo permitido na sala grande será de 4 membros (excepcionalmente 5 si o grupo chega a este número de membros) e os locais pequenos serán exclusivamente de uso individual. A intención do departamento que dirixe Alba Briones é reabrir as instalacións a vindeira semana, tan pronto como se teña elaborado o novo calendario en base aos criterios fixados, e como moi tarde, o 3 de agosto.
23.07.2020.- O Concello desinfectará os locais cada día e instalará dosificadores de hidroxel nas instalacións. Tamén se colocarán carteis coas normas a cumprir polos usuarios, que deberán usar máscara, desinfectar as mans e gardar as distancias cando estean ensaiando.
Nas condicións sinaladas, os locais poderán utilizarse de luns a venres e en horario de mañá (de 9 a 14 horas). En caso de non poder acomodar toda a demanda, abriríanse tamén o sábado pola mañá. Os interesados deberán dirixirse canto antes á Concellería de Cultura para indicar o día que pretender facer uso do local de ensaio, a efectos de que se poida confeccionar o novo calendario. Deben facelo por correo electrónico enviado ao enderezo omix@vilagarcia.gal