_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
POLICÍA LOCAL
As patrullas en bicicleta da Policía centraranse este ano en controlar o cumprimento das normas COVID

Como ven ocorrendo en verán dende hai dous anos, a Policía Local de Vilagarcía xa está realizando patrullas en bicicleta. Catro axentes foron designados para realizar este servizo que se prestará en horario de mañá e tarde e que este ano terá unha misión especial: controlar e facer cumprir as normas de protección fronte ao Covid. As patrullas realizaranse por parellas e centraranse nas zonas peonís, parques públicos, paseo marítimo e zonas de praias.
23.07.2020.- Independentemente doutras labores de competencia policial, como controlar a normal convivencia entre o uso de bicis ou patíns e os peóns, a principal misión que terán este verán os axentes será garantir que se cumpren as distancia de seguridade, o uso das máscaras e os aforos es espazos públicos. A labor será informativa, pero tamén se denunciarán os casos que sexa preceptivo.

O Concello dispón de cinco bicicletas híbridas (catro para uso e unha de reposto) para prestar servizo e os axentes foron debidamente uniformados segundo a normativa en vigor para as patrullas ciclistas. As bicicletas están dotadas de baterías extraíbles e recargables mediante conexión á rede eléctrica, co que permiten alternar a impulsión por pedaleo coa de motor eléctrico, contan con luces dianteiras e traseiras con alimentación por batería, dispoñen de alforxa e van correctamente rotuladas segundo a normativa policial.

Ademais de dar exemplo e continuar fomentando o uso da bicicleta como medio sostible, ecolóxico e ideal para desprazarse pola cidade, coas patrullas en bicicleta garántese a presenza policial en lugares aos que non pode ou non é doado ou seguro que accedan os coches policiais e que,antes se tiñan que cubrir a pé. Coas bicicletas, os axente poden cubrir estas zonas dun modo máis áxil e facer maior número de roldas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -