_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Concello e notarías intercambian información para axilizar os trámites de cidadáns e administración

O Concello de Vilagarcía e o Colexio Notarial de Galicia veñen de asinar un convenio de colaboración que permitirá axilizar e facilitar os trámites que os cidadáns realizan ante notario e teñen como obxecto unha propiedade emprazada no municipio vilagarcián. O acordo consiste no intercambio a través das súas respectivas plataformas telemáticas de información relativa a datos catastrais, Imposto de Bens Inmobles de propiedades, imposto de plusvalías… Deste xeito, o particular que acude a realizar unha operación ante notario poderá, directamente e sen demora, obter dende alí a información municipal necesaria para poder pechar a operación e sobre as obrigas contributivas que conleva.
25.07.2020.- O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, e o delegado do Colexio Notarial de Galicia, José María Graíño, asinaron o convenio que ten o seu precedente nun acordo similar operativo xa dende 2009 entre a FEMP e o Consello Nacional de Notarías. O intercambio de información faise a través da conexión segura dos respectivos sistemas telemáticos dos participantes.

Ademais de que a propia notaría poderá obter de forma inmediata os datos esixibles para a realizar determinados actos notariais e informar aos seus clientes sobre a situación e obrigas pendentes do ben en cuestión, coa posta en marcha desta colaboración, os cidadáns poderán dende a propia notaría, obter directamente o borrador da autoliquidación do IIVTNU (imposto da plusvalía),e incluso poderán realizar o pago do mesmo alí mesmo se así o solicitan. Tamén poderán coñecer si unha propiedade que van a adquirir arrastra débeda do IBI e, no seu caso, incluso abonala si o cliente o solicita e autoriza.

Identificación actualidade dos propietarios de inmobles
Froito deste convenio, os notarios tamén se comprometen a informar e advertir aos seus clientes sobre as obrigas tributarias ante a administración local que conlevan determinados trámites e a remitir trimestralmente ao Concello un informe dos documentos autorizados polos notarios devengados por feitos de inmobles ubicados en Vilagarcía. Esto permitirá unha mellor xestión do IBI e do IIVTNU por parte do Concello ao ter sempre identificado aos propietarios dos bens en cuestión independentemente das veces que cambie de propietario; unha situación que en moitas ocasións impide a realización de determinadas accións por parte do Concello ao non poder dar co propietario actual ao que notificar determinadas resolucións, como pasa en moitos casos cos requirimentos de limpeza de fincas ou de conservación de edificios antigos e deshabitados.

En canto ás notarías, o beneficio deste convenio baséase na simplificación dos trámites a realizar para obter a información que deben solicitar ao Concello.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -