_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
TRÁFICO
O Concello pedirá á Xunta o paso de peóns que demandan os veciños no cruce das rúas San Cibrán e Bouza de Arriba

O Concello de Vilagarcía leva varios meses intentando mellorar a seguridade viaria para os peóns que teñen que atravesar a Avenida de Cambados no tramo no que lindan as parroquias de Sobradelo e Vilaxoán. As peticións realizadas ata o momento foron denegadas pola Xunta de Galicia, titular da estrada. Maila isto, o Concello tamén demandará ao organismo autonómico o paso de peóns regulado por semáforo que piden os veciños de Vilaxoán na encrucillada esta avenida coas rúas San Cibrán e Bouza de Arriba.
27.07.2020.- A última petición realizada dende o Concello data do mes de novembro, segundo o acordo adoptado na Xunta de Goberno do día 12 dese mesmo mes. Nese momento demandábase a instalación dun paso de peóns á altura do cruce da avenida de Cambados coa rúa Ameixeiras. A petición baseábase na necesidade de contar cun elemento que aumentase a seguridade viaria dos peóns que atravesan este punto concreto da vía para facer uso da parada de autobús, especialmente dos estudantes que acoden ao instituto Armando Cotarelo. A petición foi rexeitada polo Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas alegando “falta de visibilidade”. No mesmo escrito, do que a Xunta de Goberno tivo coñecemento na sesión do 25 de novembro, o servizo autonómico advertía que nesa vía xa existía un paso de peóns regulado por semáforo a tan so 130 metros.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -