_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
AVISOS
A proxección da película “O que arde” na praia da Concha trasládase ao venres 28 de agosto

O vento que se deixou sentir na tarde de onte na zona da praia da Concha Compostela impediu levar a cabo as tarefas da montaxe da pantalla na que se ía a proxectar a primeira das películas incluídas no ciclo de “Cine na Rúa”, segundo comunicou a firma Mr. Misto, contratada polo Concello para desenvolver o programa de cine de verán. Maila este contratempo,os vilagarcián poderán ver igualmente a premiada película de Oliver Laxe “O que arde”, cuxa proxección trasládase ao venres 28 de agosto. Será igualmente na praia da Concha, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan.
29.07.2020.- “O que arde” é unha das películas galegas máis recoñecidas e galardoadas tanto a nivel nacional como internacional. O xoven director Oliver Laxe rodou este drama rural en Galicia, en lingua galega e con actores galegos non profesionais. Unha historia entrañable, dura e moi representativa da situación na que viven as xentes do rural en pleno século XXI, e en especial en Galicia, coa amenza dos lumes forestais.

Ambientada na serra dos Ancares e protagonizada por Amador Arias e Benedicta Sánchez, o film conta cun extenso palmarés no que se inclúe o Premio do Xurado no Festival de Cannes 2019 e o Film Commission do Festival de San Sebastián, ademais de obter o premio Goya á mellor actriz revelación para Benedicta Sánchez, o Goya á mellor dirección de fotografía, mellor film europeo nos Premios Gaudí, mellor fim español nos premios RNE San Jordi de Filmografía, Mellor Film e mellor director nos Premios Forqué, e catro premios Mestre Mateo en categorías técnicas. Ademais, a película proxectouse en numerosos festivais de países dos cinco continentes, o último en China, no Festival de Hainan, onde figuraba como cabeza de cartel e onde obtivo o Premio do Xurado que presidía a francesa Isabelle Húppert.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -