_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
A bandeira verde volve a ondear no Preguntoiro

A bandeira verde volve a ondear na Praia do Preguntoiro ao demostrar a contra análise realizada pola Dirección Xeral de saúde que as augas de baños contan con todas as garantías de salubridade. O Concello recibiu a comunicación dos resultados ás 13.30 horas de hoxe, mércores 5 de agosto, despois de que onte se requirira telefonicamente á Consellería que informase da situación dados os días transcorridos dende que se advertira do episodio que obrigou a desaconsellar o baño no areal vilaxoanés.
05.08.2020.- O Concello de Vilagarcía mantén conversas cos responsables de Sanidade para que modifiquen o procedemento a aplicar nos casos nos que se detectan resultados anómalos, sobre todo cando estes se producen en plena temporada de baño. O Concello demanda un protocolo de actuación máis áxil para evitar situacións lesivas como esta última do Preguntoiro, cando un episodio puntual acontecido o pasado martes, 28 de agosto, cando se toma a mostra, comunícase dous días despois, o xoves 30; a nova mostra non se toma ata o domingo 2 de agosto, 5 días despois do episodio anómalo;e os resultados desta contra análise aínda tardan tres días máis en ser comunicados ao Concello, sumando un período total de 8 días..

O Concello advirte que este sistema tan lento impide adoptar as medidas oportunas para protexer a saúde dos bañistas cando realmente se dan as causas de risco, e tamén causa graves prexuízos á imaxe da praia e tamén aos seus usuarios. ao prolongar máis tempo do realmente necesario a recomendación de non bañarse.

Ao igual que aconteceu hai semanas na Compostela, o do Preguntoiro foi un caso puntual de concentración microbiolóxica por riba dos parámetros normais, producido un día en concreto Todo apunta a que os niveis volveron á normalidade ao día seguinte, a e maila isto a lentitude dos procedementos obrigou a ter izada a bandeira amarela durante cinco días de verán e de elevadas temperaturas. Dende o Concello opínase que esta situación podería terse evitado tomando as mostras para a contra análise ao día seguinte , ou á segunda xornada como moito, da primeira mostra que da resultados negativos, e cunha comunicación más áxil.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -