_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
INFRAESTRUTURAS
Comeza a substitución da cuberta da praza da verdura, cuxas obras durarán tres meses

Coa sinatura da acta de replanteo e a retirada das placas de amianto, mañá se inician formalmente as obras de substitución da cuberta da praza da verdura, un proxecto que o Concello acomete dentro do plan de mellora do mercado de abastos e, neste caso, especificamente dentro da liña de recuperación dos mercados tradicionais prevista na EDUSI “Vilagarcía Avanza”, financiada con fondos FEDER. O investimento é de 69.699,97 euros e será executado pola empresa Innova Profesional Desarrollos, SL, adxudicataria do concurso. O prazo de execución é de tres meses, pero tanto empresa coma concello confían en rematalas nun tempo inferior.
11.08.2020. Mentres duren as obras, a actividade interior da praza non se verá afectada, pero si a exterior. Con tal motivo, e con carácter temporal, os postos que se instalan sobre todo nos martes e sábados serán trasladados lixeiramente, dentro da mesma zona, o paseo de García de Caamaño.

As obras, adxudicadas a finais de outubro do ano pasado, se retrasaron porque, primeiro, houbo que xestionar os permisos correspondentes para retirar as placas de amianto que aínda se conservan na estrutura, e segundo, porque a pandemia do Covid-19, provocou a paralización das obras públicas. Unha vez resolto o primeiro e instalados xa na “nova normalidade”, xa nada impide o comezo efectivo da actuación. Hoxe mesmo, representantes da empresa e do Concello visitaron as instalacións para programar o seu desenvolvemento.

A empresa calcula que en dous ou tres días terán retiradas as vellas placas para, a continuación, comezar a instalar as novas de “panel sandwich”. Con iso, quedará garantida a estanquidade e impermeabilización da nave que dende hai anos acolle a venda de verduras e hortalizas.

Inicialmente, o presuposto de licitación foi de 94.300 euros, pero Innova foi quen de gañar o concurso rebaixando o custe a 69.000 e introducindo unha serie de melloras como o incremento do prazo de garantía a dous anos (inicialmente, 12 meses), a calidade dos materiais a utilizar e a instalación dun revestimento interior do peto perimetral por onde vai a recollida de pluviais.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Sept 2020  
L
M
X
J
V
S
D
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
       
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2020. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -