_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
URBANISMO
O concello introducirá melloras no plan de humanización do Piñeiriño e elaborará un plan de tráfico específico do barrio

O ciclo de reunións que mantivo o goberno local coas comunidades de veciños do Piñeiriño chegou ao seu fin e cun resultado moi positivo, dende o punto de vista do executivo de Alberto Varela. En primeiro lugar, pola oportunidade que tivo para expoñer directamente á veciñanza o seu proxecto global para unha urbanización que apenas recibiu melloras nos últimos 30 anos. E en segundo termo, e non de menor importancia, porque lle permitiu coñecer de primeira man as inquedanzas e propostas dos verdadeiros protagonistas do barrio: os seus veciños. De feito, ambas partes seguirán comunicándose non só para o desenvolvemento do proxecto senón para outras cuestións colaterais, como o plan de tráfico.
12.08.2020. Para a concelleira de Urbanismo, Paola María, as charlas –que ela mesmo dirixiu- foron moi produtivas e enriquecedoras, porque lle permitiu trasladar directamente que o goberno quere fomentar o espírito de barrio e que sexan os veciños os protagonistas da súa vida. Por iso, o ideal, subliñou en cada reunión, é que a rúa principal se dedique aos peóns e á convivencia, e non aos coches, como ocorre agora.

Neste sentido, e a proposta dalgunha das comunidades, vaise estudar a posibilidade –que, en principio, non ten maior dificultade- de integrar unha fonte de auga no plan de peonalización deseñado polo arquitecto Mariano Vázquez. Igualmente, tamén vaise valorar a viabilidade de ampliar esa zona peonil da rúa principal –Camilo J. Cela- ata o seu enlace coa avenida de Cambados, igualmente a petición dos veciños. Deste xeito, o acceso ao barrio cambiaría, deixando de ser Camilo J. Cela para ser a contigua, a rúa Mondariz, a día de hoxe con solares aínda por urbanizar; unha proposta que, por outra banda, ten o beneplácito da Policía Local.

ELEMENTOS DE AUGA E APARCAMENTOS DISUASORIOS
Ao longo das xuntanzas, e con carácter xeral, a maioría dos veciños coincidiron en que é necesario investir no barrio e en mellorar a calidade de vida dos seus habitantes. A súa maior preocupación é a situación do tráfico de vehículos, presente e futura. Ao respecto, o goberno local anunciou que no mes de setembro, tan pronto como se retomen as clases (na zona hai un colexio e un instituto), unha empresa se encargará de facer un estudio a pe de rúa da circulación de vehículos e, con base nos seus resultados e as propostas de humanización, fará unha proposta de nova ordenación, que será remitida aos veciños. Paralelamente, o concello traballa nunha modificación da Ordenanza de Circulación para introducir a figura do “residente”, o que sen dúbida beneficiará aos veciños do Piñeiriño.

Outra das reivindicacións veciñais, a ampliación do tempo do semáforo no cruce da rúa Fontecarmoa (Seur), xa foi cumprida hoxe mesmo. Outra petición, a de crear máis prazas de aparcamento disuasorio, tamén se verá cumprida en breve, unha vez que o Concello xa chegou a acordo para recuperar o convenio coa familia González Garra, o que permitirá contar cun importante espazo a pé de instalacións deportivas e educativas.

Ao tempo, tamén foi aceptada a proposta avaliar o ensanche das beirarrúas e a dotación de alumado da rúa Adolfo Pedrido, o que sen dúbida suporía unha gran mellora para un vial que dá acceso ao colexio público e ao complexo polideportivo de Fontecarmoa.

Ademais dos problemas de circulación, boa parte das dúbidas xiraron, como era lóxico, arredor do proxecto máis ambicioso, o da peonalización de Camilo J. Cela, pero, como se dixo, así como houbo quen a criticou abertamente, tamén houbo que reclamou que se ampliase e se mellorase, por exemplo, con elementos de auga. O goberno local veu ben esas propostas e, e de feito, insistiu en que a súa idea é poñer aos veciños no centro dun plan que é global: comezará agora coa ampliación e mellora de beirarrúas nas rúas Fontecarmoa, Cunqueiro e Porto Rey; continuará co desenvolvemento das ciclovías da cidade, proxecto no que se incluíu ao Piñeiriño; seguirá cos camiños escolares seguros, con arranque, precisamente, nese barrio; e terá a súa maior expresión de compromiso co investimento na humanización de Camilo J. Cela, o que suporá un cambio radical na imaxe e a calidade de vida do barrio.

Cando todos esas melloras solicitadas estean resoltas tecnicamente, o Concello remitirá un dossier con todo o que se vai realizar a todas e cada unha das 115 comunidades de veciños. Ese mesmo grao de colaboración e transparencia será o que se aplique ao estudo de tráfico e a súa posterior reorganización.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Sept 2020  
L
M
X
J
V
S
D
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
       
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2020. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -