_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
Kiko Veneno e Marvan xa teñen completado o aforo para os seus concertos en San Roque 2020, que comeza mañá

.- Dous dos principais actos das festas de San Roque 2020, os concertos de Kiko Veneno e Marvan, xa teñen o seu aforo completo: 500 persoas sentadas no parque da Xunqueira. Os demais concertos con reserva previa –en todos os casos, gratuíta- tamén van incrementando a súa cota: Guadi Galego está a piques de completalo, e Brisa Fenoy, A banda da loba ou Susana Seivane van pola metade.
13.08.2020. Como se sabe, este ano, e con motivo da pandemia, os concertos se desenvolverán dun xeito moi distinto ao habitual: todo o público sentado, separado a 1,5 metros, con acceso controlado e nove persoas acomodando aos asistentes para que a seguridade sexa estrita. Tendo en conta o cartel, non é de estrañar que algúns dos concertos xa teñan o aforo completo. Pero, precisamente por esa razón, dende o Concello apélase á responsabilidade e á solidariedade daqueles que xa teñen a entrada e pídese que, no caso de que finalmente non poidan asistir, polas razóns que sexan, renuncien as súas entradas para que outras persoas poidan desfrutalas. De feito, unha vez que comecen os espectáculos, o persoal de control deixará pasar ás persoas en espera unha vez que se comprobe que quedaron sitios libres pola non asistencia de quen, en principio, si tiña entrada.

Como queira que para os vindeiros días as predicións meteorolóxicas non son moi boas, o concello xa ten previsto un plan B en caso de choiva: os concertos previstos na Xunqueira se trasladarían ao auditorio; os englobados no selo Son da Casa (artistas locais) pasarían ao Salón García; e os espectáculos incluídos en Festaclown, para un público moi familiar e previstos na praza da Segunda República, se desenvolverían na praza da Peixería. Sexa nun lugar ou outro, aberto ou pechado, as medidas de seguridade serán sempre as mesmas.

San Roque 2020 comeza mañá, ás 20:30 horas, coa lectura do pregón dende o balcón da casa consistorial por parte da enfermeira do Hospital do Salnés Ana Romero e o celador do ambulatorio Luis Portas, ambos como representantes dun colectivo que estivo en primeira liña do combate contra a pandemia do coronavirus e ao que o Concello quere homenaxear con este acto e coa concesión dunha placa de recoñecemento á súa labor.

Tralo pregón, a banda de música de Vilagarcía interpretará o himno galego, pero este ano non haberá ofrenda floral ao santo, como era habitual nos últimos anos. Ás 21:00 horas está previsto o espectáculo de ventrílocuo Alejandro Guanella no Salón García, e ás 23:00 horas, na praza da Segunda República, a singular “Historia da Verbena” que porá en escena a Orquestra La Oca.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -