_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
SANIDADE
Sanidade non recomenda temporalmente o baño no Preguntoiro tras detectar niveis anormais de e-coli

A Consellería de Sanidade comunicou ao concello que debe desaconsellarse o baño na Praia do Preguntoiro de xeito temporal, unha vez que na última análise, onte, se detectaron niveis anormais de E-coli, en concreto 1.300 NMP/100 ml, cando o máximo aceptable son 1.000. O Concello púxose en contacto con Augas de Galicia, que confirmou que nas analíticas dos últimos tempos xa ven observando niveis de contaminación que, sen sobrepasar os límites, non se corresponden coa excelencia das augas nos últimos tempos.
14.08.2020. A falta dos estudos que confirmen a orixe do vertido que está a contaminar as augas, tanto Concello coma Augas de Galicia sospeitan que esa anomalía procede da rúa do Freixo. De ser así, a solución ao problema estaría próxima pois o Concello xa ten programado para este ano, dentro do Plan Concellos da Deputación, o ensanche desa rúa e a renovación total das redes de augas pluviais e residuais, unha vez que se chegara a un acordo coa empresa Coinba para adquirir os terreos necesarios para esa obra.

Aínda que o tempo para os vindeiros días non vai ser o máis propicio para acudir á praia, o Concello lamenta este novo aviso de non recomendación -que non prohibición- do baño nunha praia que nos últimos anos vén demostrando a súa excelencia, e reitera o seu compromiso de arranxar canto antes as causas, que, como é máis probable, é unha fuga nunhas instalacións que teñen décadas de antigüidade e poden sufrir este tipo de avarías, pero que agora van ser renovadas completamente.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -