_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DESENVOLVEMENTO LOCAL
Concello, comerciantes e hostaleiros celebran o éxito dos bonos de Son da Casa, que xa puxeron en circulación 50.000 euros

A campaña de bonos “Son da Casa” para animar as vendas nos sectores comercial e hostaleiro, moi afectados pola crise do Covid, xa cumpriu o seu primeiro mes e o balance non pode ser máis positivo. Tanto o Concello coma as asociacións de comerciantes (Zona Aberta) e hostalería (Ahituvi) valoraron moi positivamente a marcha da iniciativa, que xa leva vendidos o 70% dos bonos, puxo en circulación 50.000 euros e está supoñendo un pulo decisivo na dixitalización do sector terciario.
14.08.2020. Na rolda de prensa de valoración do primeiro mes da campaña, a concelleira de Promoción Económica, Alba Briones, amosou a súa satisfacción porque os obxectivos se están a cumprir. Segundo dixo, os datos da evolución son moi reveladores e sen dúbida axudarán a definir futuras iniciativas. De feito, xa anunciou que, de acordo con comerciantes e hostaleiros, de cara á campaña de Nadal porase en marcha unha segunda fase de Son da Casa. Como se sabe, cada usuario adquire bonos por valor de 30 euros pero só paga 20, pois os outros 10 apórtaos o Concello, de xeito que se está xerando un movemento económico que beneficia directa e unicamente aos establecementos radicados na cidade. Nestes momentos hai case 180 adheridos ao programa.

Zulema Fresco, en representación de Zona Aberta, destacou o pulo que esta campaña está a supoñer para a necesaria dixitalización do comercio local, en moitos casos non moi habituado a manexar as novas tecnoloxías. Agora, en cambio e en moi pouco tempo, xa se habituaron a usar os códigos QR no móbil para facer os cobros. Richard Santamaría, de Ahituvi, tamén destacou que os pagos e o seu troco se están facendo de xeito moi áxil, polo que non dubidou en que para futuras edicións serán moitos máis os establecementos que se sumen á iniciativa, unha vez que xa puideron comprobar, por colegas que si participan, que as dúbidas iniciais non tiñan razón de ser.

Pola súa banda, o concelleiro de Novas Tecnoloxías e Turismo, Álvaro Carou, incidiu tamén no aspecto de modernización do sector terciario pero tamén na dinamización que supón para a economía local e máis neses momentos de crise sanitaria. Por iso, animou a veciños e visitantes a que se sumen a esta aposta polo local. A primeira fase remata o 30 de setembro.

VENDA DE BONOS PRESENCIAL e 25.000 bolsas

Neste sentido, para reforzar a presenza da campaña pero tamén para responder as suxestións de moitas persoas que non teñen tanta axilidade no manexo das novas tecnoloxías, Alba Briones anunciou que o vindeiro día 22, sábado, se disporá dunha carpa na praza de Galicia onde todos aqueles que o desexen poderán adquirir bonos de xeito presencial e non telemático.

Paralelamente, o concello comezará a semana que vén a distribuír as 25.000 bolsas elaboradas para reforzar Son da Casa. Son 5.000 de algodón e 20.000 de papel. Ao tempo, segue adiante a campaña de imaxe coa participación de 40 persoas representativas dos seus sectores, todos vilagarciáns, que lembran a todos os demais que eles “tamén son da casa” e que están “unidos na defensa do noso”.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -