_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
TURISMO
A Deputación de Pontevedra e os concellos de Vilagarcía, Caldas e Portas estrean a Vía Verde do Salnés, a primeira ecovía galega

A comarca do Salnés goza xa da súa nova Vía Verde, a primeira que descorre integramente por territorio galego, unha vez que remataron as obras realizadas pola Deputación de Pontevedra en colaboración cos concellos de Vilagarcía de Arousa, Caldas de Reis e Portas. A presidenta da Deputación, Carmela Silva, acompañada polos alcaldes Alberto Varela, Juan Manuel Rey e Ricardo Martínez, inaugurou esta tarde esta nova senda para uso peonil, cicloturista e para persoas con mobilidade reducida pola traza do antigo trazado ferroviario que, a partir de agora, convértese nun reclamo turístico e de lecer de primeira magnitude para a provincia. Silva anunciou a intención de organizar diferentes actividades lúdicas e culturais na senda para dala a coñecer e promocionala, toda vez que remate a rehabilitación da ponte sobre o Umia que xa está a executar a Xunta de Galicia.
24.08.2020.- A Vía Verde do Salnés é a primeira que transcorre integramente por Galicia, pois tan só existe unha intercomunitaria entre Galicia e Asturias polo río Eo. A ecovía do Salnés parte de Abelle (Rubiáns), en Vilagarcía de Arousa e finaliza na estación de ferrocarril de Portas, tralo seu paso polo municipio de Caldas de Reis. Ao longo do percorrido de 9 quilómetros destacan múltiples lugares e puntos de interese coma o pazo de Rubiáns, o antigo apeadoiro de Ande, a ponte metálica sobre o Umia ou a antiga azucreira de Portas. Ademais, serve de conexión co Camiño Portugués e o Camiño da Costa, xa que transcorre moi próxima a Santa María de Caldas, un paso obrigado para as peregrinas e peregrinos.

Iniciada a rehabilitación da ponte

Carmela Silva percorreu cos alcaldes un tramo de quilómetro e medio da nova vía, desde Caldas de Reis ata o entorno do pazo de Rubiáns, en Vilagarcía, onde está situado un dos dous miradoiros instalados ao longo do percorrido moi plano e marcado polo paso a través de paraxes de gran beleza paisaxística. A obra, cun orzamento de 356.186,87 euros, foi financiada maioritariamente pola Deputación, que dotouna con 200.000 euros. Os concellos achegaron 84.000 euros (Vilagarcía de Arousa); 53.600 euros (Caldas de Reis) e, finalmente, os 19.000 de Portas. A Vía Verde polo antigo camiño de ferro queda así rematada, agás a rehabilitación da ponte metálica sobre o río Umia, que asume a Xunta de Galicia, xunto co mobiliario e a sinalética de toda a ruta, cuxas obras xa comezaron e que estarán rematadas antes de fin de ano.

A Vía Verde supón un importante recurso de lecer para os tres concellos e unha clara aposta polo turismo de interior, ao incentivar e permeabilizar tamén varios núcleos rurais. A súa estrea chega nun momento no que o turismo nacional, de natureza e dirixido a espazos seguros predomina no mercado a causa da pandemia da COVID-19. A Deputación de Pontevedra considera esta nova infraestrutura como unha actuación máis na súa aposta polo turismo sostible e a posta en valor do patrimonio natural, paisaxístico e arquitectónico da provincia, sempre no marco do cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030 da ONU.

As obras realizadas pola Deputación abranguen os 9 km entre Abelle e Portas (agás a ponte) e comezaron pola demolición de elementos en desuso na vía (retirada de postes telefónicos, cablaxe, canalizacións e arquetas) e tamén de roza e tratamentos para retirada da vexetación invasora da plataforma ferroviaria, así como o tratamento dos noiros inestables. Posteriormente executouse a pavimentación necesaria con xabre natural e actuouse sobre as interseccións con camiños e estradas. Ademais disto, instaláronse elementos de protección e quedaron habilitados os dous novos miradoiros e os tres espazos para áreas recreativas e, por último, as obras incluíron a limpeza e mantemento do sistema primitivo de drenaxe da infraestrutura ferroviaria. As tres características fundamentais son a accesibilidade, a facilidade do percorrido e a invitación ao goce do contorno medioambiental e do patrimonio cultural.
A presidenta provincial, Carmela Silva, puxo en valor a "grande idea que tiveron os tres concellos con este proxecto que na Deputación non tivemos a menor dúbida en apoiar e en participar porque son dese tipo de iniciativas interterritoriais nas que queremos estar". A presidenta tamén agradeceu aos alcaldes de Caldas de Reis, Portas e Vilagarcía de Arousa "que teñan demostrado con feitos o valor da palabra colaboración, unha palabra que engrandecen e que nestes tempos de pandemia fíxose imprescindible. Eles tiveron esa mirada antes que ninguén e demostran que van seguir a facelo cun mantemento coordinado desta vía". Carmela Silva tamén mostrou a súa satisfacción polo feito de que na ponte do tramo de Portas que ten que facer a Xunta de Galicia xa comezaran as obras, "polo que en moi pouco tempo teremos acondicionada toda a vía".

"Hoxe é un día especial porque esta provincia volve a ser unha referencia tamén con esta senda, a primeira que descorre exclusivamente por Galicia". A presidenta, que puxo este modelo como exemplo "do turismo que queremos, sostible ligado ao patrimonio, á natureza, á cultura e a nosa historia", tamén anunciou que a Deputación organizará cara a este mesmo outono actividades culturais importantes que se desenvolverán na propia senda para poñela en valor. "A Vía Verde do Salnés ten que ser a primeira doutras moitas vías verdes, hoxe é un día moi especial porque a provincia volve a subirse ao podio".

Pola súa banda, os alcaldes de Vilagarcía , Caldas e Portas cualificaron a inauguración como un soño cumprido e agradeceron á Deputación a súa aposta por facer do seu empeño esta realidade. O alcalde de Vilagarcía de Arousa, Alberto Varela, puxo en valor "o traballo a ilusión e a unión dos tres concellos ao redor do proxecto que é unha bomba turística e ao tempo que agora nos da a razón". Varela agradeceu "a visión e a intelixencia da Deputación desde o principio", e quixo lembrar os nomes de "persoeiros máis coñecidos e outros anónimos, que loitaron por esta vía desde os tempos do ferrocarril fai máis de cen anos". Os tres, xunto á presidenta, tamén lembraron ao ex-alcalde de Portas, Victor Estévez, polo seu traballo e esforzo para que esta vía verde puidese ser posible, así como ao Xefe da estación de ferrocarril de Vilagarcía Pepe Mambrives, pola súa labor de asesoramento.

O rexedor de Caldas, Juan Manuel Rey lembrou as dificultades "dun parto lento e delicado que nos trouxo ata aquí. Hoxe é un deses días nos que un agradece estar en política cunha infraestrutura que axudará moito ao turismo e a facer singulares aos tres concellos". O alcalde de Portas, Ricardo Martínez, apuntou "o valor engadido que supón a vía verde para os tres pobos", desexou que a parte da ponte que falta por rematar termine moi cedo, e invitou a veciñanza a ao turismo a visitar a senda.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -