_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
Espina e Delfín executará a obra para levar saneamento á zona máis elevada de Pedramogueira

Tras moitos anos demandándoo, a decena de familias que habitan no alto de Pedramogueira xa so terán que esperar uns meses máis para poder conectar as súas vivendas á rede municipal de saneamento, posto que o Concello vén de adxudicar as obras para estender este servizo básico ata o lugar situado na zona máis elevada de Renza. A empresa Espina e Delfín será a encargada de executar os traballos ao ter presentado ao oferta mellor valorada en canto á relación calidade-prezo de entre as 36 que se presentaron ao concurso. A obra adxudicouse por importe de 102.333 euros (49.497 euros por debaixo do prezo de licitación) e por un prazo de execución de 3 meses.
28.08.2020.- A actuación que se vai a levar a cabo é bastante complexa debido á orografía da zona, con unha gran flutuación de cotas nunha distancia relativamente curta. Esta circunstancia, que é tecnicamente salvable, implica, non obstante, un custe moi elevado para dar servizo a un núcleo moi reducido de vivendas. Maila isto, o goberno que preside Alberto Varela, decidiu acometer a obra para que a media ducia de familias que habitan a zona máis afastada do núcleo de Pedramogueira poidan dispor do servizo de saneamento igual que o resto dos veciños do municipio.

Para proxectar a obra foi preciso contratar previamente un estudo topográfico para concretar con exactitude as diferentes cotas que deben salvarse, dado que a zona presenta variacións de fortes pendentes, os medios de impulsión que será necesario instalar e a potencia dos mesmos, así como o seu mellor emprazamento e o trazado máis eficaz da rede. Ademais, o proxecto a executar coa obra licitada elaborouse tendo en conta actuacións futuras, de xeito que a rede que se vai a instalar agora poida conectarse máis adiante a un novo ramal de Renza, coa previsión de dar servizo a máis vivendas da parroquia.

Para ir gañando tempo mentres se licitaba a obra, o Concello foi tramitando os necesarios permisos de Augas de Galicia e do departamento de Estradas da Xunta, dado que un dos bombeos emprazarase nas proximidades dun regato e a canalización discorrerá por unha vía de servizo que da acceso á estrada autonómica que vai dende a rotonda de Renza á zona do Rial.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -