_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
Nove comunidades de montes reciben fondos municipais para actuacións de mantemento forestal e prevención de incendios

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vilagarcía aprobou na reunión desta semana a resolución das “Axudas municipais para actuacións preventivas e obras forestais destinadas á prevención e defensa contra os incendios e protección dos montes do termo municipal” correspondentes á convocatoria de 2020 realizada pola Concellería de Medio Ambiente. Un total de nove comunidades de montes obteñen fondos municipais para contribuír a financiar diverso tipo de actuacións de silvicultura, limpeza e conservación dos montes, prevención e loita contra incendios, todas elas a desenvolver no ano en curso. O importe das axudas concedidas ascende a 89.993 euros.
28.08.2020.- O reparto das axudas fíxose en base aos proxectos presentados por cada entidade, valorando o tipo de actuacións incluídas e o importe das mesmas, segundo se establecía nas bases da convocatoria. As comunidades beneficiarias son a de Bamio, que recibe a axuda de maior importe con 12.611 euros, seguida das de Guillán (10.901 euros), Trabanca Sardiñeira (10.888 euros), Loenzo de Arriba e Loenzo de Abaixo (10.649 euros) e Rubiáns (10.475 euros). Por debaixo dos 10.000 euros sitúanse as axudas concedidas ás comunidades de montes veciñais en man común de Sobrán-Vilaxoán (9.624 euros), Trabanca Badiña (9.442 euros) e a de Cea (9.185 euros). Por último, tamén se subvenciona o proxecto da comunidade de Fontecarmoa, que recibe unha axuda de 1.218 euros.

En cumprimento das bases da liña de axudas municipais postas en marcha no anterior mandato, as comunidades de montes presentaron iniciativas individuais adaptadas ás necesidades dos seus terreos, pero que teñen como obxectivo común mellorar a situación dos montes en relación á prevención e loita contra os incendios forestais. Con este espírito, o Concello financia actuacións para a creación de devesas, tratamentos axeitados da biomasa residual, podas, rareos da masa arbórea, así como limpeza e rozas das zonas de protección. Tamén se conceden axudas para realizar actuacións de silvicultura preventiva, reforestación, xestión de biomasa vexetal e para dotación das infraestruturas preventivas necesarias para unha efectiva actuación contra incendios forestais, tales como a creación de puntos de abastecemento de auga.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -