_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
SERVIZOS SOCIAIS
O concello dá un paso máis cara a rehabilitación da Casa Jaureguízar coa contratación do proxecto arquitectónico

A Xunta de Goberno Local acaba de dar un paso máis cara á rehabilitación da Casa Jaureguízar para convertela nun edificio de usos múltiples pero ligado á atención sociocomunitaria. Hoxe, o goberno de Alberto Varela decidiu adxudicar ao estudio de arquitectura JASS (José Antonio Sueiro Sueiro), de Pontevedra, a redacción do proxecto básico e de execución para a rehabilitación da edificación principal e anexa do inmoble que pertenceu á familia Jaureguízar, logo foi adquirido por unha empresa ligada a Marcial Dorado e finalmente incautada polo Plan Nacional sobre Drogas. O custe da redacción do proxecto é de 14.520 euros e deberá estar listo en tres meses.
07.09.2020. Nas vindeiras datas, as concellerías de Urbanismo e de Servizos Sociais, ademais dos seus técnicos, manterán diversas reunións co arquitecto José Antonio Sueiro para seguir avanzando na definición dos usos e os espazos necesarios. Unha vez establecidos ambos, o concello xa terá un presuposto real do que custará a rehabilitación do edificio. Co proxecto na man, o goberno local negociará con distintas administracións a concesión de axudas. Ata agora xa se fixeron algunhas xestións, pero sen concretar nada a expensas de coñecer o proxecto definitivo. Tendo en conta todo o que rodea a esta iniciativa e o seu destino, o Concello está seguro de que as outras administracións participarán da financiación.

O edificio dos Jaureguízar foi promovido a finais dos anos 50 do século pasado por Agustín Jaureguízar Uribe, representante da segunda xeración dunha familia tan ligada ao desenvolvemento do porto, ao que chegaran dende Bermeo a principios do século XX, na súa calidade de contratistas de obras.

Magnificamente situada, preto da praza de España e da igrexa parroquial e nunha contorna semipeonil, a casa consta de horta e xardín, planta baixa, alta e aproveitamento baixo cuberta. A parcela urbana é de 700 metros cadrados. A vivenda propiamente dita distribúese así: 202 metros na planta baixa; 169 na primeira; e 62 no baixocuberta. En total, 433 metros.

Despois de ser embargada a Dorado, o Plan Nacional sobre Drogas ía poñela no mercado mediante poxa. Sen embargo, tras las negociacións do alcalde, Alberto Varela, no outono de 2018, o Plan Nacional decidiu vender ao concello o edificio polo prezo de saída da poxa: 174.000 euros. En febreiro de 2019, a propia responsable do Plan Nacional sobre Drogas, Azucena Martí, visitou Vilagarcía e a casa dos Jaureguízar para asinar o convenio de compra-venda co Concello e ratificar a vontade do Goberno local de darlle uso social aos bens incautados aos narcotraficantes.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -