_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O concello pon en circulación 1.000 novas tarxetas do Vaibús! tras esgotar as 2.000 primeiras

O Concello porá en circulación esta mesma semana mil novas tarxetas do Vaibús!, o programa de bonobús integrado no Plan de Mobilidade VAI! e que permite que por só 20 euros ao mes os usuarios poden facer uso ilimitado do transporte urbano, que, como se sabe, xestiona a empresa Pereira, do Grupo Benito Abalo. O Vaibús! púxose en funcionamento no verán de 2016 con dúas mil tarxetas en circulación. Catro anos despois, eses dous mil usuarios únicos non só están consolidados, senón que é necesario expedir mil novas tarxetas porque a demanda segue crecendo.
09.09.2020. Para o goberno local, estas cifras son unha demostración de que non ían desencamiñados cando dende que accederon á alcaldía dixeron que unha das súas prioridades ía ser un novo xeito de entender a mobilidade. Mediante a subvención do transporte cun compromiso paralelo dos usuarios –ao xeito do que agora está facendo cos bonos “Son da Casa”- conseguiuse dar un pulo ao transporte público, que tiña uns moi baixos índices de utilización. Canto máis transporte público, menos vehículos privados na rúa e, polo tanto, maior calidade do aire e máis posibilidades de seguir avanzando na humanización de rúas e prazas. Cada ano, o Concello destina 70.000 euros aos dos programas: 45.000 ao Vaibús! e 25.000 ao Vaibús!+


Segundo os datos facilitados pola empresa concesionaria, ao longo de 2019 se realizaron algo máis de 140.000 viaxes utilizando este sistema de pago aproximadamente un 15% máis que no ano anterior. En 2019 se rexistraron os mesmos números de recarga que no anterior anterior: 3.680.


Vaibús! ao Hospital
Como se sabe, ademais do Vaibús! o concello tamén puxo en marcha o Vaibús!+ (plus) para poñer solución a unha demanda que durante anos a Xunta non resolvera: o transporte ao hospital do Salnés. O servizo mantense coa subvención do concello, que subvenciona os billetes de xeito que os usuarios –arredor de 13.000 ao ano- só pagan 1,35 euros. No novo Plan de Transporte da Xunta de Galicia por fin foron escoitadas as reivindicacións vilagarciáns e xa se contempla esta liña, que pasará a ser de concesión.

En principio, a liña foi adxudicada ao Grupo Abalo, pero como se presentaron varios recursos ao Plan da Xunta, é moi probable que esa liña non sexa efectiva ata principios do vindeiro anos, segundo os datos cos que traballa a empresa. Ata entón, o convenio que fai posible o Vaibús!+ seguirá vixente para favorecer a mobilidade dos vilagarciáns que teñen que acudir ao hospital. Con todo, incluso despois de que a liña pase a ser pública, o concello estudiará seguir mantendo algún tipo de axuda, como xa se fai actualmente co Vaibús!, centrado nas liñas de transporte urbano interno.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -