_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EDUCACIÓN
A volta ao cole suponlle ao concello 108.000 euros máis de gastos na desinfección diaria dos centros educativos

A volta ao cole suporá para o Concello un gasto adicional de 108.000 euros na limpeza e desinfección de todas as escolas infantís, unitarias e de educación especial, ademais dos colexios e institutos, escola de música e conservatorio cs que conta o Concello. Despois de negociar coa empresa Clece, o goberno local conseguiu rebaixar a 9.012 euros ao mes o gasto por aplicar os protocolos de seguridade que a Xunta impuxo aos centros educativos dentro da “nova normalidade”.
10.10.2020. A empresa limpará e desinfectará as instalacións dúas veces ao día e para iso utilizará brigadas que sempre serán as mesmas para evitar posibles contaxios ou que, no caso de que se produciran, facilitar o seguimento dos casos; un sistema similar ao que usaron distintos servizos municipais dende o principio da pandemia.

Paralelamente, o Concello tamén se fixo cargo dos test serolóxicos realizados aos conserxes da totalidade dos centros educativos, un persoal ao que a Xunta deixou fóra das súas medidas de prevención. Igualmente, o Concello aplicará as mesmas probas de control aos profesores da Escola de Música e do Conservatorio Profesional.

Para o goberno de Alberto Varela, o fundamental é preservar a seguridade e saúde de toda a comunidade escolar -o que inclúe a profesorado, persoal auxiliar, pais e nais e alumnado- para crear un contorno seguro e por iso non deixará de dedicar cantos recursos sexan necesarios a tal fin. Sen embargo, iso non obsta para que siga reclamando da Xunta que se faga cargo dos gastos da desinfección imposta polos seus propios protocolos. Para o goberno local, non se pode seguir cargando ás administracións locais de competencias impropias e máis aínda cando non se lles fai partícipes da toma de decisións. A comunidade escolar é un colectivo moi numeroso dentro dunha sociedade e como tal precisa da maior atención posible, para tratar de conter a pandemia mentres non exista vacina ou tratamento médico.

O Concello lembra que xa noutros momentos demostrou esa colaboración e lealdade institucional coa Consellería de Educación en proxectos como o pavillón de educación física de Rubiáns ou o comedor do Piñeiriño, ou máis recentemente coa organización das probas da EBAU en Fexdega, o que supuxo unha importante contribución de medios humanos e materiais. Sen embargo, cree que xa vai sendo hora de que a Xunta de Galicia asuma as súas competencias e habilite partidas económicas para manter un sistema educativo e de saúde de calidade, sen ter que recorrer sistematicamente aos concellos para financiar as súas disposicións.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -