_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
INFRAESTRUTURAS
Inmediato comezo das obras de reparación da terraza do auditorio trala proposta de adxudicación

A esperada obra de reparación da terraza do auditorio comezará en breve, unha vez que a mesa de contratación xa fixo proposta de adxudicación á empresa compostelá CYS Hispania, SL por importe de case 192.000 euros, 76.000 por debaixo do licitado inicialmente. Unha vez asinado o contrato, a firma terá catro meses para desenvolver o proxecto, de xeito que a principios de 2021 deberían estar arranxados os problemas que derivaron no deterioro das lousas de granito, algún que outro pequeno accidente ao tropezar nelas e as humidades que chegaban aos baixos do auditorio, onde se atopan dependencias doutros servizos municipais como Electricidade ou Xardíns.
18.09.2020. Como se sabe, o proxecto, financiado no Plan Concellos da Deputación, consistirán, basicamente, en levantar todo o solado de lousas para, a continuación, proceder ao inmobilizado e instalar o novo sistema de pilotaxe sobre o que asentan as pedras. Para evitar os problemas anteriores, eses pivotes irán pegados, evitando así que se movan, e incrementarase o seu número, incluíndo un novo no centro da lousa para unha mellor e maior distribución das cargas sobre o conxunto da terraza.

MELLORAS
Ademais de rebaixar en 76.000 euros o prezo de licitación, a empresa conseguir gañar o concurso ofrecendo unha serie de melloras, e non menores. Por unha banda, incrementar a calidade da impermeabilización xeotextil prevista, mellorando a segunda lámina cun acabado de aillamento térmico termoreflexivo de trece capas que axudará á impermeabilización da terraza, que á súa vez é teito das dependencias municipais no soto.
A empresa incluíu igualmente como mellora a ampliación en case tres metros de ancho a rampla que unirá a terraza propiamente dita co acceso ao auditorio, gañando con iso máis accesibilidade (hoxe existe un chanzo); e, por último, substituír a varanda de ferro pintado proxectada en orixe por outra de aceiro inoxidable especial para ambiente mariño.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -