_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Sergas anuncia ao alcalde que dende mañá se aplicarán novas restricións para controlar a pandemia

A dirección provincial do Servicio Galego de Saúde comunicou esta mañá ao alcalde, Alberto Varela, que dende as 12 da noite de hoxe o termo municipal estará suxeito a novas restricións para controlar a pandemia do Covid-19. Sen chegar ás porcentaxes doutras poboacións, as autoridades sanitarias queren evitar o incremento de casos en Vilagarcía e polo tanto as medidas de control serán maiores que ata o de agora, o que se traducirá en menores aforos e outras medidas que se publicarán nesta tarde, segundo anunciou o Sergas ao alcalde.
23.09.2020. Alberto Varela fará mañá unha comparecencia para valorar esas medidas e tamén, de ser o caso, a reunión que presumiblemente manterá ao final da mañá co conselleiro de Sanidade e os rexedores de Pontevedra, Marín, Vilaboa e Poio. Unha vez que Vilagarcía entra noutra fase de restricións, o alcalde comezará a ter información puntual e diaria sobre a evolución dos casos na cidade, algo que ata o de agora non sucedía.

De calquera xeito, e sen coñecer aínda as medidas que hoxe anunciará a Xunta para a súa entrada en vigor mañá, o alcalde fai un novo chamamento á responsabilidade individual e colectiva da cidadanía, tanto na súa vida laboral como especialmente na persoal, sen relaxar as medidas de autocontrol e seguridade para evitar contaxiar ou ser contaxiado.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -