_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
TURISMO
O Concello propón á Autoridade Portuaria converter o antigo club de mar na estación marítima que necesitan porto e cidade

O goberno local de Vilagarcía, a través do seu concelleiro de Turismo, Álvaro Carou, vén de propoñer formalmente á Autoridade Portuaria converter a antiga sede do Club de Mar, no peirao de pasaxeiros, na Estación Marítima que necesitan porto e cidade para seguir sendo un referente do turismo náutico e especificamente xacobeo. Nunha carta dirixida á presidenta da AP, Sagrario Franco, o concelleiro avoga por crear unha mesa de traballo que sente as bases para chegar a un convenio de colaboración que permita recuperar ese edificio, sen uso dende hai dez anos.
26.09.2020. Para o goberno local, crear unha estación marítima suporía converter a Vilagarcía e ao seu porto nunha referencia os 365 días dos ano para os peregrinos que proceden dos máis diversos lugares e tamén nun importante punto estratéxico de información turística. Ademais de poñer en valor un patrimonio público (un edificio en desuso), que non deixa de ser unha obriga para as administracións, a hipotética estación marítima serviría de apoio para outras iniciativas xa existentes como as rutas pola ría, o turismo de mergullo, as viaxes a Cortegada (integrada nun dos únicos 15 parques nacionais de España) e a comunicación por mar cos portos da Mancomunidade Arousa Norte, coa que do Salnés vén traballando na promoción turística conxunta.

Na xustificación do seu proxecto, Álvaro Carou lembra á Autoridade Portuaria que Vilagarcía foi pioneira na promoción da ruta marítima e fluvial e que os seus lazos históricos, culturais e sociais con Santiago tamén xogan a favor. De feito, lembra, en distintas conversas cos rexedores de Compostela quedou patente o seu interese en colaborar na promoción conxunta, posto que complementa a oferta da cidade santiaguesa. Hoxe, chegar de Santiago a Vilagarcía apenas leva 20 minutos en tren. Concello de Vilagarcía, Concello de Santiago e Mancomunidade do Salnés están a traballar na creación de experiencias arredor da ruta fluvial e marítima e por iso se considera esencial que a Autoridade Portuaria tamén se implique nesta acción que beneficia a todos.

Mais alá da estación marítima, o Concello tamén está participando no desenvolvemento doutra experiencia, “Navega o Camiño”, a través dun convenio coa Mancomunidade do Salnés e a empresa North Mariñas, que ten por obxectivo atraer cara Arousa a barcos de vela do norte de Europa. E, paralelamente, está promovendo a construción dun albergue de peregrinos no Carril, proxecto polo que xa se interesaron seis empresas no proceso de licitación. Construír unha estación marítima coa vista posta no Xacobeo 21 e nos anos posteriores sería, a xuízo do goberno local, unha boa noticia para o desenvolvemento turístico da cidade e da ría.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -