SANIDADE
Sanidade contabiliza catro novos casos de covid en Vilagarcía, que chega aos 64 A xerencia do Sergas comunicou esta mañá ao alcalde, Alberto Varela, que con respecto ao día de onte se rexistraron catro novos casos de Covid na cidade. Isto significa que dende a decisión de restrinxir as relacións sociais, adoptada o pasado xoves, o número total acada os 64: 57 ao inicio, tres máis ao día seguinte derivados do brote da avícola de Cambados, e agora catro máis, en principio non ligados a ningún brote.
26.09.2020. Aínda que a cifra segue sendo relativamente baixa, dende o Concello insístese en cumprir estritamente coas normas ditadas por Sanidade especialmente en canto ao uso das máscaras, a desinfección de mans, o mantemento das distancias de seguridade e a participación en reunións.