_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Os Bolechas regresan a Vilagarcía o 3 de outubro cunha historia sobre as peregrinacións xacobeas

A familia máis entrañable e coñecida en Galicia, a dos Bolechas, regresa a vindeira fin de semana a Vilagarcía cun novo espectáculo baseado na tradición das peregrinacións xacobeas a Compostela. “A Porta dos Camiños” represéntase o sábado, 3 de outubro ás 18.00 horas no Auditorio a través dio programa “FalaRedes” da Secretaría Xeral de Política Lingüística A entrada é de balde, previa retirada de invitación a través de ataquilla.com. Dadas as restricións impostas polo covid, o aforo redúcese a 60 butacas numeradas.
25.09.2020.- “Os Bolechas e a porta dos Camiños” é un espectáculo recomendado para o público infantil de ata 8 anos de idade. Nesta nova historia protagonizada polos irmáns Bolechas (Carlos, Pili, Loli, Braulio, Sonia e Tatá) e a súa inseparable mascota, Chispa, o público coñecerá a Haker Mater, un programador informático que está poñendo a punto a 'Porta dos Camiños', unha máquina que axuda a elixir un dos moitos Camiños de Santiago ás persoas que queren peregrinar pero non saben por que vía facelo. O que pasa é que a máquina leva 11 anos sen funcionar e parece que precisa algúns arranxos, e os Bolechas son expertos en amañar cousas… Coa axuda do público conseguirán non só facer funcionar a Porta dos Camiños, senón tamén aprender unha chea de cousas sobre algunhas das principais vías de peregrinación. E mesmo axudarán ao Peregrino Faustino a elixir Camiño!
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -