_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello licita a iluminación das festas coa previsión de inaugurar o Nadal o 27 de novembro

O Nadal chegará este ano uns dúas antes a Vilagarcía xa que o Concello ten previsto adiantar ao 27 de novembro o prendido da iluminación festiva das rúas e prazas do municipio. Así o recollen os pregos do contrato para o aluguer do alumeado das festas de Nadal, Santa Rita e San Roque que o Concello acaba de sacar a licitación por importe de 95.000 euros (impostos incluídos) e que inclúe tamén as labores de montaxe e desmontaxe, instalación dos cadros e conexión eléctricas para orquestras, casetas, barracas e atraccións de feira. As empresas interesadas en realizar este servizo dispoñen de prazo ata o 22 de outubro para presentar as súas ofertas.
08.10.2020.- A iluminación de rúas, especialmente durante as festas de Nadal, é un elemento que contribúe a dinamizar a actividade social e tamén comercial e hostaleira durante estas datas nas que anoitece moi cedo. O Concello foi adiantado o prendido das luces nos últimos anos para potenciar este efecto dinamizador na que é a campaña de ventas máis importantes do ano, medida que se fai máis necesaria aínda este ano para axudar a que estes sectores poidan ir recuperándose das perdas sufridas polo peche da actividade durante o confinamento e as posteriores restricións pola pandemia do covid. A maiores, coa iluminación preténdese manter un clima de relativa normalidade nun Nadal que se prevé atípico dadas as circunstancias, así como aportar unha pequena dose de alegría que contribúa a elevar o ánimo das persoas nestes complicados tempos de incerteza pola crise sanitaria e económica.

De non producirse ningún imprevisto, as luces de Nadal inaugurarase o venres 27 de novembro e manterase ata o 7 de xaneiro. Serán 42 días nas que as rúas permanecerán decoradas entre as seis da tarde e a unha da madrugada.

Como xa vén acontecendo dende hai uns anos, a iluminación de Nadal non se restrinxirá aos centros urbanos de Vilagarcia, Vilaxoán e Carril e aos principais accesos á cidade, senón que chegará aos barrios periféricos máis poboados e a todas as parroquias, onde se decorarán as fachadas dos centros socio culturais.


Arcos, gobos, fotocol, rótulos e decoración de árbores, fachadas e rotondas

A ambientación de Nadal en rúas e espazos públicos realizarase con arcos lumínicos, rótulos, adornos en farois e árbores de parques e xardíns, decoración de rotondas e de fachadas de edificios emblemáticos como a Casa Consistorial. Por suposto, instalaranse os tradicionais conos tridimensionais no centro de Vilagarcía, en Vilaxoán e en Carril. O da Praza de Galicia será o máis alto nunca instalado neste punto, chegando este ano aos 20 metros de alto por 7 de diámetro. En Carril e Vilaxoán tamén se decorarán ás árbores e se ampliará o número de rúas a decorar con arcos. Como o ano pasado, tamén haberá fotocolls con motivos navideños para que as persoas que o desexen poidan sacarse fotos coas que felicitar as festas dende Vilagarcía e se repetirá a proxección de frases desexando bo Nadal en lugares destacados mediante a utilización de gobos.

Seguindo a liña iniciada o ano pasado e co obxectivo se potenciar a activación social e comercial, o Concello tamén decidiu manter este ano o Mercado de Nadal, axustándoo aos protocolos de seguridade e tamén se complementará a ambientación festiva con diversas iniciativas como a dos xardín efímeros estreados o ano pasado con moi boa acollida por parte de veciños e visitantes.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -