_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
TURISMO
As mancomunidades do Salnés e do Barbanza únense na promoción da ruta náutica ligada á tradición xacobea

As mancomunidades do Salnés e do Barbanza, coa presenza de Portos de Galicia e da Axencia de Turismo, presentaron hoxe en Vilagarcía a guía elaborada por la asociación NorthMarinas e que permitirá facer unha ruta en vela dende La Rochelle, na Bretaña Francesa, ata Vilagarcía de Arousa, para, dende aquí, percorrer a ruta fluvial xacobea ata Padrón e seguir logo a pe ata Santiago. A unión de empresas e institucións fará posible atraer o turismo náutico dende o Norte de Europa ata a ría de Arousa. Un acordo co Arcebispado permitirá obter a “compostela” a aqueles que teñan feito ao menos 100 das 450 millas das que consta a travesía.
14.10.2020. O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, exerceu de anfitrión nun acto no que destacou a importancia de que as dúas beiras da ría traballen conxuntamente e, ao tempo, tamén dúas institucións tan diversas como a Xunta e os concellos e paralelamente empresas privadas e organización públicas. “Neste proxecto que hoxe presentamos hai formas de ser e de pensar diferentes, tamén intereses e obxectivos distintos, pero hai un obxectivo común, transvesal, que nos une: a promoción da nosa terra como destino turístico diferente e único. E non cabe dúbida de que entre os nosos numerosos atractivos hai un que é referente internacional: o camiño de Santiago”, resumiu o alcalde.

Neste sentido, Varela Paz argumentou que para que existiran os diversos camiños a Santiago e as súas variantes, primeiro tivo que haber un primeiro camiño, o orixinal, o que daría orixe a todos os demais: o que, segundo a tradición, seguiu o corpo do apóstolo dende Jerusalem ata Galicia.

Tanto o presidente da mancomunidade do Barbanza e alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz, coma a súa homóloga da mancomunidade do Salnés e do Concello de Meis, Marta Giráldez, insistiron na mesma idea. “Dúas beiras que durante tanto tempo viviron case de costas”, lamentou Ruíz, agora levan meses traballando conxuntamente na promoción turística porque o mar, a náutica e a tradición é o que os une.

Nas mesmas ideas, pero centradas na importancia de iniciativas como esta na difusión da imaxe de Galicia, diante da proximidade do Xacobeo 21, insistiron tanto a presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, coma a directora de promoción de Turismo de Galicia, Carmen Pita. Ambas felicitaron tanto á asociación empresarial que promove a ruta “Navega o Camiño” coma aos concellos e mancomunidades que foron quen de poñerse de acordo para apoiar esa iniciativa e mesmo artellar outras.

Por último, os representantes de NorthMarinas, o xerente Jesús González-Aller, e o seu director, Federico Fernández-Trapa, explicaron como xurdiu esta idea e como se está a desenvolver. Fernández-Trapa indicou que cada día de verán hai ata 400 barcos de vela que pasan por diante das costas de Galicia, pero só un 5% se achega aos pobos e portos do seu litoral, polo que a potencialidade do turismo náutico arredor da tradición xacobea é moi ampla. O director de NorthMarinas mostrou polo miúdo o contido da guía publicada agora e que, en tres idiomas –castelán, inglés e francés-, será profusamente distribuía por todos os portos deportivos de Europa.

Descarga aquí a guía:
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -