_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
AVISOS
A acción das mareas vivas obriga a cortar temporalmente o paso de vehículos por Víctor Pita

O tramo da Rúa Víctor Pita comprendido entre a punta de Ferrazo e o remate da praia de Canelas permanece pechado ao tráfico dende onte pola tarde debido ao arrastre de area que a marea viva provocou na zona onde se están a levar a cabo os traballos para construír un novo acceso peonil á praia. O nivel da auga subiu onte pola tarde case un metro máis do normal, penetrando na gabia aberta para construír o novo acceso e minando o terreo adxacente á plataforma do vial. Por motivos de precaución, a empresa que leva a cabo as obras do paseo marítimo, en coordinación coa Policía Local, acordou cortar temporalmente o tráfico.
20.10.2020.- A conexión Vilagarcía-Vilaxoán por beiramar quedará interrompida de forma temporal mentres non se remate a construción do acceso peonil a praia, coa previa cimentación da zona afectada. Maila que se traballará coa maior celeridade para poder recuperar a circulación canto ates, as labores veranse ralentizadas estes días debido ás mareas vivas que impiden traballar cando o nivel da auga chega á zona e ata que non volve a baixar o suficiente para permitir actuar aos operarios.

Dadas as circunstancias, a Policía Local colocou sinalización advertindo aos condutores do corte á altura da rotonda de Pablo Picasso, na glorieta do extremo do Parque Dona Cocha e na intersección de Víctor Pita coa rúa Armando Cotarelo. As conexións entre Vilagarcía e Vilaxoán e as zonas intermedias de Sobradelo deberán realizarse ata que non se volva a reabrir Víctor Pita ao tráfico a través das avenidas de Vilanova e Cambados e, por abaixo, desviándose na intersección de Víctor Pita coa rúa Armando Cotarelo

Por outra banda, se ter en conta este imprevisto das mareas vivas, as obras de construción do paseo marítimo a Vilaxoán avanzan a bo ritmo. De feito está practicamente rematado o retranqueo e construción do novo muro da estación depuradora, a parte máis laboriosa e lenta do proxecto co que se recuperará e revalorizará esta zona da franxa litoral de Vilagarcía.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -