_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O goberno propón unha conxelación xeral de taxas e impostos para 2021 ante a incerteza do COVID

En resposta aos efectos que tivo este ano a pandemia do coronavirus nas arcas locais, o goberno local de Vilagarcía propón unha conxelación xeral das taxas e impostos municipais para o ano 2021. A incerteza que se plantea de cara ao futuro obriga ao Concello a ser prudente á hora de planificar os ingresos e previsor de cara ás necesidades de tipo social e económico que terá que atender como consecuencia da crise nas que estamos inmersos.
Coa intención de non aumentar a presión fiscal aos cidadáns e, á vez, garantir a recadación necesaria para seguir incrementando os recursos dos Servizos Sociais, as políticas de emprego e as axudas á reactivación da economía, a proposta que se elevará ao pleno do 26 de outubro resúmese en catro puntos:

- Conxelación xeral de taxas e impostos.
- Redución do 0,60% no recibo de auga e depuración (a variación do IPC prevista no contrato)
- Baixa do recibo do lixo pola aplicación da bonificación do canon de Sogama (3 euros aprox. por recibo)
- Ampliación dunha bonificación no Imposto de Circulación para persoas con grado de minusvalía superior ao 80%, o que a exención do imposto e a posibilidade de habilitar a un segundo condutor habitual de apoio ao beneficiario, tal como demandaba o colectivo.

O executivo local explicou onte a proposta e a súa motivación aos grupos da oposición nunha reunión da xunta de voceiros. Unha motivación froito do contexto no que nos atopamos, onde neste 2020 o Concello veu incrementados de forma moi importante os gastos extraordinarios derivados da pandemia (compra de medios e materiais de prevención, creación das axudas COVID, implantación do sistema de cita previa, incremento das axudas sociais, campañas de dinamización do comercio e da economía, limpeza e desinfección de colexios e instalacións públicas municipais…), gastos que non estaban previstos e que, dadas as circunstancias, aínda se manterán no tempo. Xunto a isto, os ingresos sufriron un forte impacto, tanto a nivel local como das demais administracións, o que incidirá de forma negativa nos recursos dispoñibles.

O alcalde, Alberto Varela, comentou que o goberno local é consciente do impacto que esta crise está a ter nas economías das familias e na da propia cidade, pero tamén na do Concello, “de aí a necesidade dunha proposta fiscal equilibrada e que atenda ambos extremos, como a que presentamos, que non grava ao cidadán e que permite ao Concello manter certo nivel de ingresos para poder dar resposta ao que nos ven enriba e que fará necesario dispor de recursos suficientes para os Servizos Sociais, estar atentos á hostalería e ás necesidades que poidan ter pola pandemia, continuar con campañas de creación de emprego, de reactivación da economía local e de promoción do comercio. E todo elo sen deixar de realizar os investimentos necesarios e sen recortar outros servizos que o Concello ten que prestar”.

Cinco anos de contención e rebaixa das medidas fiscais

Tras apuntar que “esta proposta é a única posible, porque non temos máis marxe de manobra nestes tempos de COVID”, o rexedor lembrou a política fiscal levada a cabo polo seu goberno ata o de agora: “Este goberno leva 5 anos sen subir un imposto. Dende 2015 mantemos as taxas conxeladas para aliviar a carga fiscal ás familias, e tratamos de minorar o impacto do catastrazo imposto polo PP reducindo o tipo do IBI ano a ano, de forma gradual e máis alá do noso compromiso inicial. Nestes cinco anos pasamos do 0,60 ao 0,51 para tratar de aliviar ás familias, o que supuxo ao Concello deixar de ingresar case 4 millóns de euros”.

Volver a baixar o tipo do IBI non é viable este ano, segundo explicou Varela, por dúas cuestións: “a primeira porque, nestas circunstancias, o Concello ten que manter un nivel de ingresos aceptable que lle permita facer fronte aos gastos crecentes derivados da crise sanitaria e económica. E segundo porque tampouco nos podemos permitir perder parte da participación nos fondos do Estado, que se conceden en base á capacidade recadatoria dos concellos, polo que, si ingresas menos, recibes menos”.

A proposta de revisión das ordenanzas fiscais para o ano 2021 someterase á aprobación do Pleno na sesión ordinaria do 26 de outubro, co tempo xusto para o cumprimento dos prazos legais que permitan que entre en vigor a 1 de xaneiro e elaborar os presupostos municipais de 2021 coa certeza desa planificación de ingresos.

Para rematar, Varela Paz apuntou que “nestes momentos difíciles, é necesario que todos os grupos da Corporación fagamos un exercicio de máxima responsabilidade, e o goberno confía en que todos esteamos á altura que ás circunstancias e a sociedade nos esixe”.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -