CULTURA
As exposicións do CURTAS poderán visitarse tamén os domingos durante a celebración do festival que comeza hoxe Con motivo do inicio do CURTAS- Festival do Imaxinario a Concellería de Cultura amplía o horario de visitas da Sala Rívas Briones onde, dende hai semanas e como aperitivo ao certame audiovisual, se exhiben as exposicións “Allien Experience” e “Alice, de Pasqual Ferry”. A sala abrirá as súas portas tamén os domingos dende esta semana e ata o 22 de novembro.
23.10.2020.- Coincidindo coas datas do propio festival, a Sala Rivas Briones abrirá este domingo, 25 de outubro e o seguinte, o 1 de novembro, de 11 a 14 horas e de 17 a 21 horas. Os tres domingos seguintes tamén se poderán visitar es exposicións coas ilustracións de Pasqual Ferry e coas figuras, recreacións e escenarios das películas das sagas Allien, Predator e mesmo de ET. Neste caso son os domingos 8, 15 e 22 de novembro e só con horario de mañá, de 11 a 14 horas.
Por outro lado, lémbrase que dende hoxe e ata o vindeiro domingo, 1 de novembro, Vilagarcía acolle a intensa programación organizada no marco do CURTAS. Proxeccións de longametraxes, visualizacións públicas das curtas seleccionadas a concurso, obradoiros, presentacións e formas de libros, encontro con autores e clases maxistrais, son so algunhas das actividades previstas. O programa completo con horarios e reserva de praza pódese consultar na web curtas.org.
PROGRAMACIÓN PARA A FIN DE SEMANA SÁBADO • 11:00 h - sab 24 |Clase Maxistral: Stop Motion por Sam (Conexión Directo) | Sala Conferencias do Auditorio. Gratis Tras unha traxectoria na que acadou varios premios internacionais tanto con longametraxes coma curtametraxes, Sam é sinónimo dun maxistral traballo na técnica de stop-motion con títulos coma "Pos Eso", "Werepig", "Vicenta" ou "El ataque de los Kriters Asesinos" • 12:00 h - sab 24 | Pequecurtas: A Viaxe De Chihiro | Salón García. Gratis Película de| Animación para todos os públicos. Dir. Hayao Miyazaki | Xapón | 2001 | 124 min | Chihiro é unha nena de dez anos que viaxa en coche cos seus pais. Logo de atravesar un túnel, chegan a un mundo fantástico, no que non teñen lugar para os seres humanos, só para os deuses de primeira e segunda clase. Cando descobren que os seus padres foron convertidos en cerdos, Chihiro síntese moi soa e asustada. • 16:00 h - sab 24 | Longametraxe: Unearth | Salón García. Gratis VOSE | +16 | Dir. John C. Lyons, Dorota Swies | EUA | 2020 | 94 min | Estrea en España | Dúas familias que entran nunha disputa cando unha delas decide cederlle as súas terras a unha compañía especializada na extracción de gas e petróleo. No medio da tensión surxirá do interior da terra unha presenza que durmiu durante anos. • 17:00 h - sab 24 | Obradoiro de Banda Deseñada | Seminario 2 do Auditorio. Gratis Público infantil de 6 a 13 anos. Obradoiro de iniciación á Banda Deseñada: Bases para narrar unha pequena historia a través de viñetas. Personaxes, o tema, nocións básicas de encadre e recursos expresivos. 90 min • 17:30 h - sab 24 | Presentación do libro “Contos Arrepiantes ao Carón da Lareira”. Sala Conferencias. Gratis Este ano O curtas celebra o 2º concurso de ilustración e O 3º de Conto Fantástico en Galego baixo o título Contos Arrepiantes para contar ao carón da lareira e edita un volume cos 10 relatos e ilustracións gañadores e finalistas, dándolle unha oportunidade ao novo talento galego e contribuíndo ademáis a difusión e a creación de nova literatura en galego. O Concurso de relatos foi coordinado polo escritor Xosé Duncan, mentras que o de ilustración tivo a coordinación de Carlos Dalmeida. A ilustración gañadora, así como as nove finalistas, están expostos na céntrica Praza de Galicia de Vilagarcía de Arousa, sacando a arte destes novos creadores á rúa e achegándoa a todo o mundo. • 17:30 h - sab 24 | Teatro Clámide: “O Ministerio do Tempo” | Praza Peixería. Gratis Para todos os públicos. "Compra a destempo" é unha obra sobre cando Vilagarcía case perde a praia de Compostela por un recibo de 150 pesetas • 17:45 h - sab 24 | Longametraxe: Christine | Salón García .Gratis VOSE | +16 | Dir John Carpenter | EUA | 1982 | 110 min | Christine é un Plymouth Fury de 1958 que saiu dunha cadea de montaxe de automóviles de Detroit, pero non é un coche calquera. No fondo do seu chasis alóxase o mesmísimo demo. • 18:35 h - sab 24 | Obradoiro Escrita Activa | Seminario 1 do Auditorio.Gratis
• 18:15 h - Sab 24 | Encontro con Javier Olivares | Sala Conferencias do Auditorio. Gratis Coñece ao creador, guionista e showrunner de "El Ministerio del Tiempo", Javier Olivares, nun faladoiro no que descubrirás o nacemento da serie e moitas outras cousas. • 19:15 h - Sab 24 | Encontro con Manel Loureiro. Presentación "La Puerta" | Sala Conferencias do Auditorio. Gratis O autor da saga "Apocalipsis Z" presenta a sua nova obra "La Puerta". Manel Loureiro e colaborador en La Voz de Galicia, El Mundo, Cadena Ser, Onda Cero e Cuarto Milenio • 20:00 h - Sab 24 | Curtametraxes: Sesión Oficial Fantástico 2 | Salón García. Gratis VOSE | +18 | Títulos Fantástico: Abandoned, Blue & Malone: Casos Imposibles, Existe!, Regarde Ce Que Tu As Fait!, Snake Dick | Fantástico Animación: El Libertario Fantástico Feito En Galicia: La Penumbra
• 20:15 h - Sab 24 | Clase Maxistral: O Resplandor por Angel Sala | Sala Conferencias dio Auditorio. Gratis O director do Festival de Sitges falará sobre o filme de Stanley Kubrick sobre a novela de Stephen King no seu 40 aniversario • 21:30 h - Sab 24 | Longametraxe: O Resplandor + Entrega Premio Ángel Sala. Salón García. Gratis. Retrospectiva | VOSE | +16 | The Shinning de Stanley Kubrick, 40ª aniversario. Versión americana con vinte minutos mais de metraxe DOMINGO • 12:00 h - Dom 25 | Curtametraxes: Sesión Documentais 1 + Videoarte | Salón García. Gratis VOSE | +18 | Curtas Documental: "40 Años de Refugio", "Der Engel der Geschichte" Docu Feito En Galicia: "Cartografía do Esquecemento", "Petiscos de Pato" | Curtas Videoarte: "Fallen, "Ninti", "Rewild", "We_re in the Same Dance" | VIDEOARTE Animación: "Ties", "We_Sounds" | Videoarte Feito En Galicia: "Una" • 16:00 h - Dom 25 | Longametraxe: “Creepshow” | Salón García. Gratis Retrospectiva | VOSE | +16 | Dir: George A. Romero | EUA | 1982 | 120 min. | Cinco historias de terror creadas por Stephen King, enmarcadas dentro das páxinas dun libro de banda deseñada que un insensible pai lle tirou ao lixo ao seu fillo. • 17:00 h - Dom 25 | Presentación Libro: “Guerreiras de Lenda” de Maite Mosconi | Sala de Conferencias do Auditorio. Gratis Libro Infantil/ Xuvenil | A escritora presentanos un compendio de relatos, poemas e actividades divertidas con mulleres protagonistas da mitoloxía galega • 18:15 h - DOM 25 | Curtametraxes: Sesión Outros Xéneros: Ficción 1 | Salón García. Gratis VOSE | +16 | SESIÓN Curtas Ficción: ¿Sigues Ahí?, El Tratamiento, A La Cara, Emilia, Burqa City, Coming Back Ficción Animación: “Roberto” • 18:15 h - Dom 25 | Presentación Libro: “Minimortos: Benvido ao outro barrio” de Ledicia Costas e Mar Villar | Sala Conferencias. Gratis Libro Infantil/ Xuvenil | Esta primeira entrega da nova saga de Ledicia Costas e Mar Villas preséntanos a Pochiña, Maya, Dinamito e Penoso, nenos e nenas de ultratumba, cas súas historias arrepiantes cheas de humor e sabedoría. • 19:30 h - Dom 25 | Clase Maxistral: Alien, Unha Teoría Sexual (Xénero, Monstros e Ciencia Ficción) Por Xan Eguía | Sala Conferencias. Gratis O filósofo e profesor Xan Eguía reflexiona sobre as múltiples formas de exercer a violencia e a dominación sobre a muller a través do cinema e o cómic. Non voltarás a ver a Ripley, Sarah Connor, Lisbeth Salander ou Hulka da mesma maneira. • 20:00 h - Dom 25 | Longametraxe: “Al morir la matinée” coa presenza do director Maximiliano Contenti | Salón García. Gratis Fantástica Latinoamérica | VOSE | +18 | Dir: Maximiliano Contenti | Uruguay/Arxentina | 2020 | 84 min | Estrea en Galicia | Montevideo, ano 1993. Un cine con certo aire decadente está aberto proxectando unha película de terror. A sala non conta co seu proxeccionista habitual, reemprazado pola súa filla. Nesta tardía función, aparecerá un sombrío personaxe coa intención de acabar coa vida de todos os espectadores. • 20:30 h - Dom 25 | Presentación Libro: “O derradeiro decembro infinito” de Xosé Duncan | Sala Conferencias. Gratis O escritor preséntanos o seu derradeiro traballo. Unha historia creada con bágoas de letras e música. Unha alma que prega por atoparse nas curvas da espiral de Decembro. 22:00 h - Dom 25 | Longametraxe:”The Dead Zone” | Salón García. Gratis