_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
SERVIZOS SOCIAIS
Servizos Sociais alerta sobre a vulnerabilidade dos maiores polo illamento social e reactiva o protocolo de atención psicosocial

O illamento social consecuencia da pandemia está afectando de forma especialmente negativa á saúde das persoas maiores. A Área de Servizos Sociais do Concello de Vilagarcía alerta da dimensión que está acadando esta problemática nos últimos meses e da gravidade dos casos que están detectando, con situacións moi extremas de deterioro físico e mental de persoas que viven soas e que, debido ás normas de distanciamento social impostas, e tamén por medo ao contaxio, viron desaparecer as súas redes de apoio non formal. Para tratar de atallar o problema, o departamento que dirixe Tania García reactiva o protocolo de atención psicosocial creado durante o confinamento e tamén fai un chamamento á solidariedade dos vilagarciáns para que estean atentos e informen sobre calquera situación anómala que detecten no seu entorno veciñal a través do Teléfono Social 900 333 666, que é gratuíto e anónimo e funciona ás 24 horas do día. Tamén se poñen a disposición da cidadanía os teléfonos do Concello 986 099 200 extensións 102 e 139 en horario de 8 a 15 horas.
07.11.2020.- A coordinadora de Servizos Sociais do Concello, Iria Camba, explicou que despois do confinamento moitas persoas maiores optaron por unha reclusión voluntaria por medo a contaxiarse. En moitos casos son persoas con fillos ou familia que viven noutros municipios e que, ao non poder desprazarse e só mediante chamadas telefónicas, non se percatan do deterioro que poden estar sufrindo por ese illamento. A perda desas relacións e de certas rutinas diarias, como saír a dar un paseo, a facer a compra todos os días, a tomar un café cuns amigos ou a sentarse nun banco a falar con outras persoas, empúxaos a un estado de soidade que incide de forma negativa no seu estado de ánimo, que pode derivar a estados depresivos, e de deterioro da saúde por unha alimentación inadecuada, por falta de exercicio ou mesmo por saltarse consultas médicas polo medo a expoñerse a contaxios. A técnico explicou que nestes casos o deterioro das persoas maiores acelérase dunha forma alarmante e irreversible, de aí que sexa necesaria detectar os casos canto antes.

A concelleira de Servizos Sociais, Tania García, comentou que os Servizos Sociais do Concello atenden e dan cobertura a estas persoas en situación de vulnerabilidade, pero advertiu que “non podemos prestar axuda si descoñecemos a existencia dos casos”. Por iso, ademais de animar ás persoas que se atopen nesta situación a contactar co Concello chamando ás liñas de teléfono do Concello (986 099 200 extensións 102 e 139), tamén pide á cidadanía que colabore e estean atentos ás persoas maiores da súa veciñanza que saben que viven soas e dean conta ao teléfono social (900 333 666) si detectan que levan tempo sen velos, ou si presentan síntomas de abandono persoal ou deterioro físico ou mental.

Servizos Sociais está concretando os últimos detalles para a reactivación do protocolo psico social no cal se implicará o persoal da propia Concellería xunto co de Persoas Maiores, Muller e Xuventude e Voluntariado. Ademais da posta en marcha das liñas telefónicas municipais ás que pode recorrer calquera persoa que se atope nunha situación de risco ou vulnerabilidade para demandar axuda, tamén se conta cun servizo de teleasistencia domiciliaria, se realizarán labores de seguimento e acompañamento e se volverá a poñer en marcha un servizo de voluntariado para dar cobertura ás necesidades esenciais destas persoas.

Incremento de recursos para Servizos Sociais

A concelleira lembrou que as políticas sociais son un dos piares fundamentais da xestión do goberno socialista como o demostra a potenciación dos Servizos Sociais nos últimos cinco anos e o incremento de recursos humanos e económicos. García Sanmartín lembrou que Servizos Sociais pasou de contar con 9 traballadores en 2015 aos 15 dos que dispón na actualidade. Grazas a este aumento de persoal pódese atender a crecente demanda de prestacións sociais que chegan ao Concello e tamén axilizar a tramitación das mesas. Este aumento de persoal foi parello a un elevado incremento de orzamento que case se duplicou ao pasaron dos1.307.000 euros de 2015 aos algo máis de 2.380.000 de 2020.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -